CRA DE TEO

    O Colexio Rural Agrupado de TEO ( CRA de Teo) comezou a funcionar no curso 1988-89 , (DOG 10 Agosto 1988, orde do 12 de xullo do 1998) sendo un dos pioneiros de Galicia desta nova estructuración escolar.

    O CRA de Teo atópase situado no Concello do mesmo nome, ó sur da provincia da Coruña, no val do río Ulla. Teo, ó ser un concello limitrofe co de Santiago de Compostela, fai que moita xente que traballa na capital de Galicia o escolla como lugar de residencia.

    No seu inicio o CRA de Teo estaba formado por 15 escolas espalladas polo concello: Aido, Bamonde, Cacheiras (Infantil e Primaria), Campos, Casalonga,  Oza, Rarís, Raxó, Recesende, Reis (Infantil e Primaria), Rúa de Francos, Solláns, Vilariño, que acollen alumnos de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria, situándose , polo xeral, unha escola por parroquia aínda que nalguhas hai duas e ata tres como no caso das parroquias de Cacheiras e Calo.

   Na actualidade, curso 2023-24, somos 5 escolas: Cacheiras (Infantil e Primaria),  Casalonga (Infantil e Primaria), Raxó, Recesende, Reis (Infantil e Primaria).