Axudas para adquisición de libros e material 2024-25

Aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-25

O 21 de maio abre o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e solicitar as axudas para adquirir material escolar.

 

LEXISLACIÓN 

 PRAZOS: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

DESTINATARIAS/OS:

  • Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    • Conta con CHAVE 365 ou
    • Ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico
  • PRESENCIAL: Cubrir os Anexo I e Anexo II e presentalos no centro educativo.

  DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Anexos I e II
  • Copia do libro de familia Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

ADMISIÓN ALUMNADO 24-25

XA ESTÁN NO NOSO TABOLEIRO PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDAS/OS E NON ADMITIDAS/OS PARA O CURSO 24-25. NON SUFRIRON VARIACIÓN RESPECTO ÁS LISTAXES PROVISIONAIS.

FACEMOS UN RESUMO DO BAREMO:

- 4º DE INFANTIL:

  • CACHEIRAS : 4 ADMITIDAS

  • CASALONGA: 6 ADMITIDAS

  • RAXÓ: 4 SOLICITUDES, 3 ADMITIDAS E 1 NON ADMITIDA.

  • RECESENDE: 1 ADMITIDA

  • REIS: 3 ADMITIDAS

- 5º DE INFANTIL: NON HAI SOLICITUDES.

- 6º INFANTIL: NON HAI SOLICITUDES.

- 1º DE PRIMARIA: 2 SOLICITUDES ADMITIDAS.

- 2º DE PRIMARIA: NON HAI SOLICITUDES.

CURSO 2023-24

Benvidas/os ao curso 2023-2024!

O horario de atención do Equipo Directivo é:

 Hora

   Luns  

 Martes

  Mércores

 Xoves

 Venres

 09:30-10:20

         

 10:20-11:10

         

 11:10-12:00

         

 12:30-13:40

         

 13:40-14:30  

         

 

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto nos seguintes teléfonos:

SEDE SOLLÁNS: 881 86 71 05

DIRECCIÓN: 673 30 28 97

Ou enviando un email a cra.teo@edu.xunta.gal 

 

PROCESO DE ADMISIÓN

Do 1 ao 20 de marzo:

Presentación de solicitudes de admisión. A solicitude será única segundo o modelo Anexo II (ED550B)(asinado polos dous proxenitores)que poderá cumprimentarse:

Entregar no centro xunto coa documentación que fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,...)

Documentación a entregar no centro educativo

Anexo II

Anexo II ( bis)
Copia Dni alumno ou copia do libro de familia
Copia do Dni dos pais/ nais o titores legais
Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas
Sentenza de separación

 

Para calquera dúbida chámanos ao 673 30 28 97. Tamén podes escribirnos un email a cra.teo@edu.xunta.gal

PUBLICACIÓN DE DOCUMENTOS REFERIDOS Á ADMISIÓN E MATRÍCULA:

- Listaxe de vacantes ofertadas por escolas para o vindeiro curso 2024-2025.

- Listaxe de admitidos e excluídos provisionais: próxima publicación (antes do 25 de abril de 2024).

- Listaxe  de admitidos e excluídos definitivos: próxima publicación (antes do 15 de maio de 2024).

- Formalización da matrícula: prazo do 20 ao 30 de xuño.

NORMATIVA QUE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Distribuir contido