Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Xoane

Imaxe de Emilia

FRIDAYS FOR FUTURE

O venres 1 de marzo unímonos a voz de Greta, que tódolos venres conciencia sobre o coidado do noso planeta. En Xoane estamos nun proceso de cambios e de abrir mentes polo que quixemos trás coñecela, unir as nosas voces as de milleiros de persoas no mundo. 

 

Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN CON TUBOS E CORDINOS

 



A semana pasada en educación física atoparon unha instalación con tubos de cartón de diferentes tamaños e cordinos.

Os nenos e nenas a través do descubrimento, experimentación e creatividade foron construindo diferentes xogos e actividades (construccións, experimentaron co son dos tubos, catalexos, fixeron torres e as derribaron, pulseiras e colares,...) tanto individuais coma grupais, fomentando así unha aprendizaxe libre e autónoma. 

O pasaron moi ben!

 

Imaxe de Emilia

PROGRAMACIÓN FORMAS XEOMÉTRICAS

As formas xeométricas están en tódalas partes, obxectos, natureza, imaxes... coa axuda da eiruga estivemos dándolles unha volta máis.

Imaxe de Emilia

O NOSO CORPO

O último dos seres vivos que nos quedaba por ver somos nos mesmos. Aproveitamos para coñecernos por fora e por dentro a vez que nos situamos na nosa contorna e no mundo. Leonardo Da Vinci, comportiu con nós a súa fascinación polo corpo e contaxiounos da súa curiosidade ...Sen darnos conta xa dimos pé a comezar unha nova aventura de inventos e máquinas simples (pero ese capítulo xa volo contaremos máis tarde) 

 

Imaxe de Emilia

ROSALÍA DE CASTRO

Aproveitando a ocasión achegámonos a poesía. Tras coñecer algúns datos da vida de Rosalía e da súa obra creamos os nosos primeiros versos. Foron uns pareados moi ben rimados. Para recordar este día fixemos un móvil para o noso xardín e unhas pulseiras para a nosas casas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut