Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Educación Infantil, Educación Primaria, Equipos de centro, Act. Complementarias, ENDL, TICs, Proxecto Lector

Imaxe de AnaFernandez

CALENDARIO DE ADVENTO

Para celebrar a chegada do inverno e o nadal, nas aulas das escolas fixemos un calendario de advento con diferentes adiviñas para os nenos e nenas.

Cada día ao chegar a escola ían ao calendario e tiñan que ler e descubrir unha adiviña nova. Xa chegaban con moita ilusión co obxectivo de adiviñala e superar o reto. 

Imaxe de AnaFernandez

POSTAIS DE NADAL

Coma todos os anos ao chegar estas datas os nenos e nenas participaron no Concurso de Postais e Carteis de Nadal organizado polo concello de Carballo, que ten como obxectivo seleccionar a tarxeta de felicitación do concello e o cartel que anunciará as vindeiras festas de Nadal. 

Os nenos e nenas do cole fixeron un gran traballo presentando unhas tarxetas moi fermosas e con moito arte.

Ademais, este ano unha nena de Verdillo foi a gañadora deste concurso polo que estamos moi ledos. 

Noraboa a todos e todas polos vosos traballos e esforzo!!

 

Imaxe de AnaFernandez

RETRINCOS DE HISTORIAS!

 

Con motivo do 25N a comunidade educativa do CRA PONTE DA PEDRA fixemos unha exposición no Mercado Municipal de Carballo co que pretendemos poñer de manifesto o rexeitamento contra a violencia cara á muller.

Neste proxecto conxunto traballamos unidas a familia e a escola durante o mes de novembro a través de pequenos relatos e vivencias de mulleres importantes que constrúen a historia das nosas vidas.

Para iso, cada neno e nena, nalgúns casos acompañados delas, achegaron á escola unha prenda de roupa representativa desa muller, resaltando o papel dela no seu crecemento emocional.

Logo da achega, e a través dunha quedada conxunta, as familias e os nenos e nenas cortaron e uniron retrincos desas prendas que son a base da instalación interactiva da que pretendemos que todos e todas participedes deixando un retrinco da vosa historia.

   



Imaxe de AnaFernandez

SAÍDA Á BIBLIOTECA

O martes todo o colexio visitamos a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo. 

Acercámonos ata Carballo en autobus, visitamos a biblioteca e gozamos dun contacontos cun rato moi divertido.

Todas e todos o pasamos moi ben!!


Imaxe de AnaFernandez

MONSTROS CON MAZORCAS

 

A semana do Samaín os nenos e nenas trouxeron ás aulas monstros feitos con mazorcas de millo para facer unha exposición e decorar as escolas.

O resultado foi maravilloso, auténticas obras de arte feitas con moita imaxinación.

Moitas grazas familias!!

 



Distribuir contido


by Dr. Radut