Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Biblioteca

Imaxe de Patri

UNHA PANTASMA NA ESCOLA

Xa facía un tempo que na escola de Artes notabamos unha presenza estraña, cousas que non estaban no seu sitio, ruídos estraños... chegamos á conclusión que había unha pantasma na escola. Despois dun tempo invocándoa puidemos comprobar que si existía, a pantasma púxose en contacto coa nosa mestra a través do correo electrónico, chámase "Leretas" porque le moitísimo pasa horas e horas lendo e buscando información. Agora Leretas vive na Biblioteca da nosa escoliña e de vez en cando envíanos correos electrónicos para encomendarnos tarefas. A nosa pantasma este ano está especialmente interesada nos paxaros e está preocupada porque no noso patio non hai paxaros, todo un misterio que nos ten en vilo.

Para axudarnos "Leretas" encomendounos un plan: para atraer os paxaros ao noso patio deixounos alpiste e unhas laranxas para facer uns comedeiros naturais coas súas tonas. Nesa xornada fixemos zume de laranxa e despois os comedeiros.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut