Skip to Content

Contratos Programa

Imaxe de teresa

TAREFAS MARTES 24

Estas son as propostas para este martes.

Ánimo.

Xa queda menos...

Propostas infantil

Música

Imaxe de teresa

TAREFAS LUNS 23

Estimadas familias,

agardo que todos esteades sans e que a vosa vida se estea a desenvolver dentro da estraña normalidade desta situación.

 

As propostas para este luns son:

PROPOSTAS INFANTIL

PSICOMOTRICIDADE

 

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE CURSO 2019 - 2020

O mércores 18 de decembro celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos ao longo deste trimestre. Ademais convidáronnos a unha merenda de pan de ovo e zumes.

Moitas felicidades!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén tivemos un agasallo moi fermoso de parte da familia de Leo e Noa.

Moitas gracias!!

 

Imaxe de teresa

A VOLTAS CO PROXECTO

Ao longo destas semanas estivemos avanzando no traballo sobre o proxecto da neve. Ademais de recoller e escribir a información dos libros que falan do tema, estivemos experimentando coa neve e as súas versións.

Aproveitamos nos días anteriores a observar detidamente o noso contorno: houbo días que sarabiou cando o tempo foi moi chuvioso ou días que xeou cando o tempo foi máis seco e as temperaturas baixas. Non é neve, pero si o máis parecido que podemos atopar na nosa localidade.

Noutra xornada pintamos con xeo de cores que adubaron con colorante alimentario; no que crearon as súas cores a través de mesturas.

Esta semana experimentamos cos tres estados da auga. Levamos xeo á aula, tocámolo e falamos das sensacións que nos producía. Falamos do proceso de transformación pensando en que elementos do contorno se deben modificar para que a transformación sexa posible. Cadaquén deu o seu parecer e todas as respostas tiveron cabida.

Aquí tedes as imaxes da sesión.

 

 

 

 

 

Para rematar, todas e todos xogaron co xeo e a auga.

Distribuir contido


by Dr. Radut