Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

FAMILIAS

Imaxe de Emilia

OBRADOIRO FAMILIAS - BUSCA DE OVOS

Neste obradoiro coas familia fixemos unha busca de ovos de chocolate pola nosa escola e decoramos ovos con distintas técnicas. Pasámolo moi ben! Unha vez mais, dar as grazas a tódalas familias que comparten con nos o seu tempo, para o vindeiro curso repetiremos a experiencia. 

 

Imaxe de Jesus

Comunidade educativa de Artes. Pintando patio.

 

Este curso as familias da Escola de Artes propuxeron o pintado do patio de Artes, e en colaboración dos mestres do CRA e con pintura facilitada polo Concello de Carballo, pasamos este luns pola tarde dándolle un punto de cor ao patio.

 

Desfrutamos dunha fermosa tarde en familia, traballando, colaborando e rindo.

 

Sen dúbida os nenos e nenas da escola de Artes desfrutarán dun patio máis alegre e recordarán con agrado un traballo feito con moito agarimo.

 

 

 

Imaxe de teresa

DESCUBRINDO UNHA PROFESIÓN FÓRA DO COMÚN...

O venres 29 de marzo, os pais de Julia, Raquel e Fernando, achegáronnos unha experiencia nova á escola.

Raquel contounos unha pequena historia sobre Internet a través de dous nenos. Eles queríanse comunicar pero vivían moi lonxe e Internet acurtaba esas distancias. Neste punto, descubrimos que Fernando tiña bastante que ver con que o funcinamento de Internet fose posible.

El é piloto... pero de que? E que tería que ver pilotar con internet? Aí comezamos a formular hipóteses sobre o que pilotaba: coche de carreiras, avión, helicóptero, barco,... a oferta de suxerencias foi variada. Sen embargo, pouco nos podíamos imaxinar que o seu traballo consistía en pilotar un robot submarino que lle permite colocar o cableado de fibra óptica no fondo mariño. Isto fai posible ter conexión a internet.

 

 

 

 

 

 

Escoitamos con atención e interese o que nos tiña que contar Fernando sobre a vida no barco; de ver como traballa o robot no fondo mariñ; da cantidade de cable que utilizan; en que zonas se colocan; ver a algúns animais como un tiburón, un cachalote,...; 

Este é o cable de fibra óptica polo que "viaxa" a información que manexamos en Internet.

 

Despois buscamos na caixa das sorpresas, animais do mar. Eran moi saborosos.

 

Agradecerlle a Fernando e a Raquel que compartisen con nós a xornada do venres, descubríndonos unha profesión descoñecida para nós.

Moitas gracias...

Distribuir contido


by Dr. Radut