Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de Jesus

Dia Emocionante 2019

O 12 de abril celebramos o Día Emocionante como colofón ao Programa de Educación Responsable.

Un día adicado á convivencia entre escolas do CRA que comparten centro de adscrición, posibilitando que os nenos que vaian compartir centro en Primaria se coñezan e creen vínculos de relación nun entorno agradable, creativo e sobre todo moi divertido.

Aquí vos amosamos como as nenas e nenos de Educación Primaria de Cances, Sísamo e Xoane:

 

Imaxe de teresa

HORTO EN SÍSAMO

Uns días antes das vacacións de Semana Santa, nun dos bancais que quedaban libres, plantamos acelgas, espinacas e leitugas.

 

 

 

Ademais, comprobamos como medrara a colleita que xa estaba no horto.

 

 

Ao luns seguinte, Manuel Anxo tróuxonos novas tarefas. Namentres os de infantil, sementaban raviños; os de primaria, cuitaban a terra arredor das plantas con esterco de galiña. 

 

 

 

Para rematar a xornada, revisamos como avanzaba o noso horto de aromáticas. Comprobamos que as plantas dos amorodos crecían sen problema; tamén, algunha das estaquiñas de romeu que plantamos xa estaba presa.

 

 

 

Desta volta aumentamos as plantas do bancal de aromáticas: nesta ocasión, cunha groselleira.

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

A CAIXA DE NÉMET

Esta semana, Nemet, o trasno da escola de Sísamo, ademais de emprestarnos uns xogos novos, enviounos unha caixa chea de maxia.

Dicía Német, que dentro da caixa se agochaba a persoa máis importante para cada un de nós. Indagamos sobre quen podía agocharse nunha caixa tan pequena. Fixemos hipóteses sobre esa persoa tan importante nas nosas vidas: o mago da palabra, Batman, Ladybug, Német, un can, Spiderman, bolboretas, xoguetes, un gato, un coello,...

A incertidume ía en aumento. Podían ser tantas cousas...

 

 

 

Cando quixemos descubrir de quen se trataba, tivemos que establecer unhas pautas como: ir de un en un esperando pacientemente a quenda; gardar silencio namentres mirábamos para non romper o feitizo e a maxia; volver ao noso sitio coa promesa de non contarlle a ningunha compañeira e compañeiro quen había dentro.

Esa persoa que escondía a caixa é tan importante nas nosas vidas e para cada un de nós, que a temos que coidar e querer moito, porque nos vai acompañar sempre.

Queredes saber de quen se trata...?

Vide á escola e mirade no interior da caixa...

Seguro que vos sorprende...

 

Imaxe de teresa

BATIDO DE FRESA

O venres 29 de marzo fixemos un delicioso batido de fresa para acompañar a merenda.

As nenas e nenos de Primaria cortaron as fresas despois de lavalas. As e os de infantil, coa axuda das mestras e do batedor, mesturaron as froitas co iogur.

Esta actividade deunos pé para falar dos iogures de sabores: falamos se están feitos coa froita que indican ou levan outros produtos descoñecidos por nós. Buscamos os ingredientes e levamos máis dunha sorpresa ao descubrir cal é a composición real deles.

O batido estaba moi saboroso..., mmmmm!!!!

 

Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN CON TUBOS E CORDINOS



A semana pasada en educación física atoparon unha instalación con tubos de cartón de diferentes tamaños e cordinos.

Os nenos e nenas a través do descubrimento, experimentación e creatividade foron construindo diferentes xogos e actividades (construccións, experimentaron co son dos tubos, catalexos, fixeron torres, cidades, pulseiras e colares, xogaron ao hockey,...) tanto individuais coma grupais, fomentando así unha aprendizaxe libre e autónoma. 

O pasaron moi ben!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut