Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Rega

Imaxe de MaríaLopez

Productos para a Pequefeira

Este ano as nenas e nenos da Rega foron os encargados de preparar os productos de cosmética a base de lavanda. Fixemos Xabón e aceite de améndoa con lavanda. Aquí vos amosamos o proceso de producción. 

                                         

 

Imaxe de MaríaLopez

Día da Familia!

Este ano para conmemorar o día das familias realizamos un Taller de Exploración da Luz convidando a todas as familias da Escola. Foi un día verdadeiramente estupendo, onde os nenos e nenas mostraban as actividades de luz que fixeran durante todo o curso ás súas familias.  Foron momentos únicos de convivencia e ilusión.

Unha vez máis agradecemos a vosa colaboración e participación. 

Imaxe de MaríaLopez

Froita Fresca!

Este ano, e por primeira vez, o CRA participou no programa escolar de Froitas frescas. Esta axuda recibida a través do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) ten por obxecto a distribución de Foitas Frescas ao alumnado. 

Nós como bos comensais encargámonos de desfrutar destas delicias da natureza pero antes tocou: lavar a froita, cortala e repartila...

                              

                           

 

Imaxe de MaríaLopez

A Xesta

Coa chegada do primeiro Día de Maio enchemos a aula de Xestas, un arbusto con flores amarelas, sen espiñas á diferencia do Toxo, e que enchen a primeiros de maio os nosos montes. 

                   

Distribuir contido


by Dr. Radut