Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Os Bolechas

Imaxe de teresa

Os Bolechas falan das familias é unha actuación que se desenvolve dentro do proxecto Facemos Corresponsabilidade 2023 no marco do Plan Corresponsables, promovido pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) co financiamento do Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

 

Destinada aos nenos e nenas en idade escolar e ás súas familias, a iniciativa pretende reforzar o concepto de diversidade familiar poñendo o foco nas familias monoparentais, contribuíndo a normalizar a percepción destas familias como un modelo máis, dentro dos tipos de familias que existen.

 

De forma lúdica e didáctica, os nenos e nenas poderán aprender sobre a aceptación e importancia da diversidade familiar, comparar as familias humanas e animais, comprender as principais ocupacións e dificultades das nais e pais e interiorizar a necesidade de colaborar nas tarefas da casa.

 

Farase a través dun conxunto de actividades que se achegarán presencialmente a colexios de distintas localidades galegas, onde os pais, nais, nenos e nenas poderán gozar de:

 
  • Teatriño cun Bolecha monicreque.

  • Vídeo de Os Bolechas falan das familias.

  • Taller de xogo de preguntas e desafíos.

  • Coñecer a web interactiva de Os Bolechas falan das familias.

  • Agasallo de materiais didácticos a todos os nenos e nenas asistentes.

 

A entrada é de balde e non é imprescindible ser alumno/a do colexio onde se celebran para poder asistir.

FORMULARIO DE ASISTENCIA:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfvwidUOMZvfYhX66BX7Pr9VmfRLDBQce_JRbLEhGXrYhOfPw/viewform

 

 

 

 



story | by Dr. Radut