Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe de AnaFernandez

Durante a semana de Rosalía de Castro nas aulas levaron a cabo diferentes propostas de traballo relacionadas coa escritora galega. Fixeron quebracabezas, escritura con tinta, disfrazaron a Rosalía, robótica... Aprenderon moitas cousiñas.

Ademais, este ano a semana de Rosalía de Castro coincidiu coa semana do Entroido, así que o noso meco virtual foi a propia escritora. Que se o luns unhas flores na cabeza, un pano no pescozo o martes, unha saia... e así ata que o xoves todas e todos vimos ao cole disfrazados de Rosalía. 

Durante a semana traballamos nas aulas varios dos seus poemas, e as nenas e nenos realizaron uns fermosos dípticos para unha actividade a realizar o xoves.

Ese xoves, coincidindo co seu día realizamos a actividade: POEMAS VIAXEIROS.

Saímos de paseo polas parroquias vestidos de Rosalía a deixar os dípticos en diferentes lugares (parque, igrexia, porta dunha casa, buzón...). O obxectivo era que as veciñas e os veciños atopasen os poemas, gozasen coa súa lectura e o volveran a deixar noutro lugar diferente para continuar a cadena.

Ata a panadeira regaloulles unha barra de pan por un poema!! Foi unha experiencia e vivencia marabillosa.

Cada poema ten un código QR co poema cantado e un email para que a persoa que o atope poida escribirnos contándonos a súa experiencia, onde o atopou, sensacións coa súa lectura, onde o deixou... e mandarnos algunha foto.

Xa estamos a recibir as primeiras contestacións e fotos desde diversos lugares: a biblioteca Rego da Balsa, o concello, institutos, cole de Arteixo, veciños... 

 

A rapazada está emocionadísima, todos os días chegan ao cole preguntando!!! Foi unha experiencia moi linda e unha boa aprendizaxe.

 



story | by Dr. Radut