Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

MAGOSTO 2021

Imaxe de AnaFernandez

O venres 29 de outubro celebramos nas diferentes escolas a festa do Magosto.

Comezamos a maña realizando diferentes obradoiros de outono: figuras con millo, castañas, follas, landras..., luces e sombras con follas, pintura artística de outono con acuarelas, búsqueda de tesouros de outono, mural pintando con pinas, castañas, landras, ramas..., pintar follas, debullar o millo, xogo do 3 en raia con froitos de outono...

Ademais, durante a semana, nalgunhas escolas xa estiveron traballando a figura popular do espantallo e incluso construiron algúns que remataron este día e quedaron moi fermosos.

Merendamos como non podía ser doutra maneira unhas deliciosas castañas asadas.

Nalgunhas escolas incluso as asaron alí, foi marabilloso!!

Gozamos de tempo de lecer e para rematar a maña queimamos os nosos medos, os cales traballamos durante toda a semana para así convivir dunha mellor maneira con eles.

Grazas a todas e todos por pasar un día tan fermoso de magosto!!!

 



story | by Dr. Radut