Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Emilia

Imaxe de Emilia

Henri Matisse

Algúns artistas deron luz as nosa vidas, as cores, as mesturas, as técnicas artística serven como estímulo da nosa creatividade. Henri Matisse e a súa visión da arte serviunos para coñecer as cores, experimentar coas mesturas. Investigar sobre distintas formas de facer arte, gracias as suas tixeiras e, a través, da mesa de luz a xogar e crear coas cores. Coñecimos a súa vida e algunhas das historias que se esconden detrás das súas obras. 

 

 

Imaxe de Emilia

CONTINUAMOS COAS PLANTAS

Continuamos coas plantas. Despois de coñecer as partes das plantas, o seu ciclo vital, as flores, as necesidades das plantas, tipos de plantas, as clasificación das follas.... concluimos facendo uns mobiles e uns lapbooks sobre todo o aprendido. Aínda non me acostumo a sacar fotos de todo, polo que aqui solo vai unha mostra! 

 

 

Imaxe de Emilia

FLOTA OU AFUNDE!

 

Tras a nosa experiencia coas cabazas queriamos saber mais! Que fai que as cousas floten ou afundan? Depende da forma, do peso ...que mais.... Investigamos, formulamos hipoteses, realizamos probas, coñecimos a Arquimedes e achegamonos o concepto de densidade. Esta foi unha grande aventura!

 

                         

Imaxe de Emilia

As pontes

Os nosos pequeños enxeñeiros comezaron a experimentar posibilidades con diferentes materiais, decantámonos finalmente polas pontes e comezamos a coñecer para que serven e os 5 tipos básicos que existen. Descubrimos pontes famosas do mundo, pontes curiosas e pontes desastrosas pola su falta de previsión a hora de facelas. Superamos varios retos, entre eles que aguantase o noso peso ou o dalgúns xoguete ....

 

                   

                                            

 

Imaxe de Emilia

Investigamos cabazas

Coa chegada do outono, recibimos unha enorme sorpresa. A nai de Sara trouxo a nosa escola unha supercabaza, quedamos abraiados.... e como estabamos coñecendo as plantas, aproveitamos a ocasión para meternos de cheo neste novo proxecto.

Investigamos sobre o seu ciclo vital, as cores os tamaños e as formas, os diferentes tipos de cabazas, empregamos o metro, calculamos medidas e coñecimos diferentes métricas, pesamos, comparamos pesos ... e investigamos o que tiña dentro.

Atopamos moitas sementes que agrupamos e contamos, cando chegue o tempo plantarémolas no nosos horto.

Xogamos, lanzamos, rodamos...e por último investigamos se flotaba ou afundia.

Sorpresa co que pasou!!! Como pode ser???

O longo do proceso afrontamos algúns retos. Aquí tedes unha pequena mostra do que estivemos facendo por Xoane. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut