Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA

Ola!

No día de hoxe queremos mostrarvos algúns xogos que empregamos na Pizarra Dixital Interactiva (PDI). Todas as semanas dedicamos algún día a xogar na PDI, pois é unha actividade que nos gusta moito. Algúns días xogamos coas letras; outros pintamos; outros xogamos cos números, formas, cores; e outras veces ata tocamos algún instrumento virtualmente. Tratamos de variar nos xogos, sempre buscando aprender algo. Un dos xogos que máis nos gusta é o do Lobo Matías. Ademais, hoxe os nenos e nenas máis maiores probaron co nivel máis elevado deste xogo e gustoulles moitísimo. De feito, algúns querían quedarse no cole para seguir xogando cando xa era a hora de recoller Canso

Se queredes xogar na casa aquí tedes algúns deste xogos:

- LOBO MATIAS:   http://balara.es/contenido/menuprincipal.html

- LIM con actividades sobre o inverno en inglés:   http://educacioninfantilylasticpractica.blogspot.com.es/2014/08/lim-con-actividades-sobre-el-invierno.html

- LETRAS DE COLORES (Lecto-escritura):   http://www.ramonlaporta.es/jocsonline/letras/swf/letras.html

- FANTASMIN (conceptos varios):   http://ares.cnice.mec.es/infantil/a/aa_02vf.htm

- PIZARRA PARA PINTAR:   http://downloads.bbc.co.uk/cbeebies/misc/swf/doodlemaker.swf

Agora deixamos algunhas imaxes desta rutina da PDI.

Biquiños!

 

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 

Imaxe de Jacqueline

RUTINAS DE COMEZO DA MAÑÁ

Boas!

Hoxe imos amosarvos como é o comezo da mañá no cole. Na nosa rutina de entrada primeiro descubrimos a quen lle toca ser o encargado/a, que ten encomendadas unha serie de tarefas: mirar que tempo vai, que día da semana é, en que mes estamos, pasar lista para saber quen veu ao cole e quen non, contar cantos estamos e cantos faltan. Pero á volta das vacacións de Nadal, engadimos outro apartado no que o encargado/a debe contar as letras do seu nome e as do encargado do día anterior para, finalmente, sumalas. Este é un xeito ameno de traballar a lóxica-matemática como parte da nosa rutina diaria. 

Pero as tarefas do encargado non rematan aínda! Como bo encargado debe dirixir a orquestra da clase cando cantamos as nosas cancións e debe escribir na pizarra o día que é, ademais de anotar no noso calendario o tempo que vai.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes desta rutina de entrada. Hoxe tocoulle a Tana ser a encargada.

 

    

 

Bicos!

 

 

Imaxe de Jacqueline

XOGAMOS COAS LETRAS

Ola a todos/as!

Nestas primeiras semanas de cole depois do Nadal descubrimos unha nova forma de xogar coas letras: un pouco de fariña ou pan rallado e... voilà! Podemos debuxar tantas letras como queiramos! Ao principio sentímonos moi emocionados pola sorpresa que supuxo esta caixa de novas sensacións visuais e táctiles. Agora converteuse nun elemento máis do noso recuncho das letras co que podemos xogar cando nos apeteza.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

Bicos!

         

                                                                                                                 

Imaxe de Jacqueline

BENVIDOS

Ola a todos e todas!

Agora que deu comezo o segundo trimestre gustaríame empregar este blog para mostrarvos algunhas das actividades que levamos a cabo na aula. Para comezar déixovos a imaxe do noso mural da Paz, que con tanto esforzo e agarimo estivemos a elaborar estes días. Debatimos sobre o que significaba para nós a paz e aprendimos que a palabra paz pode escribirse en moitos e variados idiomas: castelán, inglés, francés, alemán, japonés, árabe, italiano... De feito, sorprendeunos que algúns idiomas empregan outro tipo de letras! Así o plasmamos no mural e tamén descubrimos como é o símbolo da paz. A algúns recordáballes a un volante.Canso

 

Tamén aproveito para agradecer a vosa participación cos debuxos que fixestes na casa que xa están expostos na aula. Son todos moi bonitos.

Moitos bicos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut