Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artes

Imaxe de Pamela

O Mar

 

O MAR

 

Os nenos e nenas da escola de Artes elexiron estudar o Mar, polo que hoxe comezamos un novo proxecto.

Para elo, buscamos todos os animais que tiñamos na clase e fixemos diferentes clasificación: terrestres ou acuáticos, auga salgada ou doce, ovíparos e vivíparos...

 
Imaxe de Monica

DÍA CONVIVENCIA ARTES E VERDILLO

A convivencia do venres cos nenos/as de Artes resultou magnífica. Deixovos un pequeno resumo do que aconteceu o longo da mañá.

Comezamos bailando e movendo o corpo para seguir cun xogo de presentación no que nos unimos tecendo unha tea de araña. Queríamos seguir unidos o longo da xornada polo que fixemos outra representación máis, unirnos tamén na tea de araña representada no patio cuberto. Para iso, fixemos os nosos autoretratos e escollimos un fío para colgalo. 

Chegou o momento da merenda, preparamos zume de laranxa e unhas deliciosas borchetas de froita con chocolate.

Continuamos co recreo no que compartimos xogos e risas .

Rematamos a xornada cunha inslalación artistica (é unha manifestación de arte contemporáneo que propón un espazo simbólico para representar unha idea ou mensaxe intencionado. É unha situación lúdica, de experimentación, relación e de aprendizaxe a través da transformación do espazo e da exploración dos obxectos presentes na na mesma).  

Despois de interactuar con ela falamos en asemblea o experimentado e representamos o vivido o longo da xornada nun mural. O producto final do día quedou precioso.

 

Grazas aos nenos/as de Artes por acompañarnos!

 


Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN CON TUBOS E CORDINOS



A semana pasada en educación física atoparon unha instalación con tubos de cartón diferentes e cordinos.

Os nenos e nenas a través do descubrimento, experimentación e creatividade foron construindo diferentes xogos e actividades (construccións, experimentaron co son dos tubos, catalexos,...) tanto individuais coma grupais, fomentando así unha aprendizaxe libre e autónoma. 

O pasaron moi ben!

Imaxe de Jesus

Comunidade educativa de Artes. Pintando patio.

 

Este curso as familias da Escola de Artes propuxeron o pintado do patio de Artes, e en colaboración dos mestres do CRA e con pintura facilitada polo Concello de Carballo, pasamos este luns pola tarde dándolle un punto de cor ao patio.

 

Desfrutamos dunha fermosa tarde en familia, traballando, colaborando e rindo.

 

Sen dúbida os nenos e nenas da escola de Artes desfrutarán dun patio máis alegre e recordarán con agrado un traballo feito con moito agarimo.

 

 

 

Imaxe de Jesus

Artes. Día da árbore.

Os nenos e nenas da escola de Artes celebraron o día da árbore cun acto simbólico xunto ao carballo senlleiro de Vilar de Francos.

A continuación disfrutamos no Pazo de Vilar de Francos dun ríquísimo chocolate con churros.

Distribuir contido


by Dr. Radut