Skip to Content

Música

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 20 AO 26 DE ABRIL (CORENTENA)

 

PROPOSTAS DE MÚSICA. Semana do 20 ao 26 de abril

 

1.  O 23 de abril é o Día do Libro, e por estas datas é cando celebramos o noso Pícnic Literario, con contos e música. Este ano non vai poder ser, pero imos lembrar o do ano pasado, con Ce Orquestra Pantasma tocando e cantando para nós esa canción que tanto bailamos no cole, “Xoaniña voa voa”. Recordade imitar como fan todos os animais que quere ser a Xoaniña (saltar como a ra, fretar as ás –os nosos brazos- como os grilos, saltar como os coellos, mover o cuíño como os parrulos…) e a cantar e bailar!

https://www.youtube.com/watch?v=jWORBfTBf24

 

2.  E xa que estamos con animais, que tal se viaxamos a algún bosque de África central e descubrimos algún gorila? Aquí están os gorilas cos que moitas veces cantamos e bailamos na clase de música, do libro-disco En Cabárceno se oye cantar, de Susa Herrera:

https://www.youtube.com/watch?v=E9HAy9QW_sE

Non vos esquezades de facer todos os xestos como Susa e os nenos e nenas, e tamén de bailar como máis vos guste!

 

3.  Tamén podemos quedar nun dos nosos soutos, e quizais vexamos algún moucho, ou unha lebre, ou un esquío, a donosiña, un rato, unha vacaloura… Aquí nos presentan a canción e fan un baile uns amigos nosos (O moucho chosco, do disco Tic Tac, de Pablo Díaz):

https://www.youtube.com/watch?v=IIW4honLunY&t=2s

E aquí un vídeo moi orixinal coa mesma canción, que se escoita mellor para poder cantar e bailar todos e todas vós:

https://www.youtube.com/watch?v=zi8cpXRVPjM

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 13 AO 19 DE ABRIL (CORENTENA)

 

PROPOSTAS DE MÚSICA. Semana do 13 ao 19 de abril

Hai uns días, Charo Pita enviounos unhas cousiñas para vós. Charo estivo no CRA a principios de curso, cando celebramos o Festival da Igualdade, o día que coñecemos a Máxica! Naquela mañá contounos unhas historias moi divertidas e sorprendentes, e cantounos algunhas cancións do seu disco. Neste enlace podedes lembrar ese día: https://www.youtube.com/watch?time_continue=236&v=zXmkoJZh8VU&feature=emb_logo

Tamén viñera ao noso cole o curso pasado, e pasarámolo moi ben con ela en Xuntanzas. Algúns dos nenos e nenas que agora están en 1º de Primaria, fixéranlle esta entrevista en Rabu-Radio: https://www.ivoox.com/entrevista-a-charo-pita-audios-mp3_rf_34398045_1.html

A próxima semana, o día 23 de abril, será o Día do Libro. Este ano non poderemos celebrar o noso Pícnic Literario nese lugar tan marabilloso da “Ruta da Pedra e a Agua” entre o río e as árbores, pero non deixaremos de ler e escoitar contos. Pois ben, aquí vos deixo unha das historias que nos conta Charo Pita debaixo dunha árbore, "Os animais do mar": https://www.youtube.com/watch?v=OSWfAxLEoR8

E ademais, aquí tedes dúas das cancións que máis vos gustan do seu disco “No país do vento”:

“Rosa e azul”: https://www.youtube.com/watch?v=XLpaA56pafw

“A roda das tres donas”: https://www.youtube.com/watch?v=ZoRSMGDAanc

Todos e todas a bailar e a cantar!!

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 5 DE ABRIL (CORENTENA)

 

PROPOSTAS DE MÚSICA. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 5 DE ABRIL

 

1. Lembrades a Migallas? Viñeron ao noso Pícnic Literario hai dous anos, e o curso pasado vímolos en Pontevedra. Non é estraño que no noso cole saibamos moitas das súas cancións. Aquí vos deixo algunhas das que máis vos gustan, para que as bailedes na casa coa familia:

 

“Dime que fixeches”, do libro-disco Canta connosco: https://www.youtube.com/watch?v=4jtbAyVC7A0

 

“Miña abuela Manuela”, do libro-disco Pan de millo:

https://www.youtube.com/watch?v=ZMz7FHjSlqw

 

“Pan de millo”, do libro-disco Pan de millo:

https://www.youtube.com/watch?v=SqBqSYNMqHQ

 

2. Tamén vos deixo outra das cancións motoras, a do mércores, co mono Amelio:  https://www.youtube.com/watch?v=l_AUhKBn87g

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 23 AO 29 DE MARZO (CORENTENA)

1. Aproveitando que hai uns días os de Xuntanzas estiveron no Mercado de Pontevedra, aí van unhas cancións que falan do mercado, nomes de verduras e hortalizas, nomes de peixes... Con elas podedes cantar, bailar, repasar e aprender:

 

A horta de Balbina”, do CD Aire, de María Fumaça: https://www.youtube.com/watch?v=OptIu0jyiIE

“Peixiños do mar”, do CD Camiños, de Magín Blanco: https://www.youtube.com/watch?v=9cvq46dJyFA

“Fun ao mercado”, do CD María Fumaça: https://www.youtube.com/watch?v=yEhQr_ROsJ0

 

2. Lembrade as cancións motoras!! Aquí tedes o martes: https://www.youtube.com/watch?v=_8D0Xbzk2L0

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 16 AO 22 DE MARZO (CORENTENA)

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 16 AO 22 DE MARZO (CORENTENA)

 

Lembramos as cancións destes últimos días, que falaban de Rosalía de Castro, ou eran poemas seus musicados. Así podemos cantar e bailar un pouquiño na casa. O importante é que os nenos e nenas canten, bailen, xoguen, manipulen, se expresen... non que estean moito tempo mirando pantallas. Os enlaces son para que poidades poñer a música ou para que sirvan de guía aos adultos.

 

Empezamos por “O moucho”, canción do disco “Pan de millo” de Migallas: escoitamos e facemos os xestos que as nenas e nenos xa saben. Aquí está a canción con imaxes de mouchos e de Rosalía: https://www.youtube.com/watch?v=uOUCIP6iiS4 e neste outro enlace podemos lembrar os xestos (o moucho tamén o fan marcando os ollos grandes) naquela homenaxe que lle fixemos a Rosalía hai uns anos no CRA, a partir do minuto 4:53 https://www.youtube.com/watch?v=hJx9oD75NIs

 

Outra canción que coñecen é “A grasia non era moita”, do disco “Rosalía pequeniña” de Uxía. Hai dous anos tamén xogamos un pouquiño con ela en Xuntanzas, incluso aprendemos algún verso. Recoñecedes a algún? Aí os tedes, coa letra: https://www.youtube.com/watch?v=sMRi_6-y-Rc E para escoitala ben e bailar moito, pinchade aquí: https://www.youtube.com/watch?v=B7htdmrdKNQ Que instrumento soa ao principio e “tocan” os nenos? De que familia de instrumentos é? Que outros instrumentos escoitades? Bailamos e acompañamos con palmas. Incluso podemos improvisar algún “instrumento” con cousiñas que teñamos pola casa: caldeiro dado a volta e culleres de madeira, paus... Ou construír unhas maracas se temos os materiais: https://www.youtube.com/watch?v=BJVcQ4b-KhE

 

Unha actividade estupenda e divertida para estes días pode ser o teatro, esas adaptacións que fixemos e que son faciliñas de representar cos nenos na casa, por exemplo “Os seis barbudos”, que coñecen deste ano no Samaín, e no que unha persoa pode facer varios personaxes: https://www.youtube.com/watch?v=sVYc-4f9HfM

 

E, por suposto, este é un bo momento para que os pequenos practiquen con toda a familia as nosas cancións motoras, por exemplo o luns: https://www.youtube.com/watch?v=10rK_eLaCgQ

VISITA A CORREOS E Á NOSA BIBLIO.

CANTO NOS GUSTA RECIBIR UNHA POSTAL! CANTO TARDARÁ O CARTEIRO EN PASAR POLA NOSA CAIXA DE CORREOS?

ESTE ANO XUNTÁMONOS TODAS AS ESCOLAS NA ESCOLA DE SAN TOMÉ, PARA PODERMOS IR CAMIÑANDO ATA A OFICINA DE CORREOS. O VENRES 14, AS ESCOLAS DE SAN LOURENZO E PARADELA, O LUNS 17 AS DE SAN MARTIÑO E O MARCO E O MARTES 18 SAN TOMÉ E SAN VICENTE. O VENRES E O LUNS PUIDERON IR CAMIÑANDO ATA CORREOS. O MARTES CHOVEU E, O NOSO CARTEIRO, MOI AMABLEMENTE SE ACERCOU ATA A NOSA ESCOLA A RECOLLER AS POSTAIS E A NOS DAR COMO ÁS OUTRAS ESCOLAS, UNHA MOCHILA DE CORREOS CON CARAMELOS E PINTURAS: MOITAS GRAZAS!

APROVEITAMOS ESTAS XUNTANZAS PARA COÑECER MÁIS A FONDO A NOSA BIBLIO. CO EQUIPO DE BIBLIOTECA, FIXEMOS UNHAS SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARIOS E UNS XOGOS MOI EDUCATIVOS E DIVERTIDOS. ATA SACAMOS A RABUÑOSO DE PASEO!

EU CANTAR, CANTAR, CANTEI

Polo Día de Rosalía cantamos esta versión dun dos seus poemas. E para celebrar o Día da Poesía, os rapaces e rapazas de 5 anos recitárona, un verso cada un, para lograr recompoñela entre todas. Ademais, é a propia Rosalía (a que nenos e nenas deseñaron) a que fala, coa voz dos cativos. 

 

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

O próximo 6 de febreiro iremos a Pontevedra a ver "A nena e o grilo nun barquiño". Aquí vos deixamos un adianto, para que vaiades cantando e bailandooo!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut