Skip to Content

Psicomotricidade

MÓVETE MEIS

“Móvete+” é unha nova actividade do programa Xogade dirixida a tódolos escolares de Galicia. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar mais cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

Baseado nunha composición musical e coreográfica orixinal, “Móvete+” é o novo himno do Plan Galicia Saudable  (http://galiciasaudable.xunta.es) que ten como obxectivo difundir entre a comunidade e educativa e, por extensión, á sociedade
galega, os principais valores do Plan Galicia Saudable.

A acción desenvolverase nos tempos de lecer dos escolares, como recreos ou outros como o programa “madrugadores”, antes ou despois do comedor, ou a espera de outras actividades extracurriculares.

A actividade conta cun material didáctico e está estruturada para que o profesorado poida integrala nas clases das materias que estimen oportunas.

 

Máis información

Material didáctico:

Audio

Coreografía

COUSAS DE GRILOS E VACALOURAS

MENUDA RIFA HOUBO ESTA SEMANA NA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE ENTRE CARMIÑA VACALOURA E PEPIÑO GRILO, PERO É QUE NON SE PODE FALAR POR FALAR!


INSECTOS

Chega a primavera e con ela o bo tempo, por fin podemos saír ó campo a xogar... pero, quen son eses pequenos animaliños cos que nos atopamos? Na aula de psicomotricidade comezamos a investigar quenes son estes extraordinarios seres.

Queres seguir aprendendo dende a túa casa?

Pois pincha na imaxe!

 


Aprendemos e xogamos coas partes do corpo

Invítovos a xogar nesta actividade para lembrar as partes do corpo!

Distribuir contido


by Dr. Radut