Skip to Content

San Vicente

Dia da muller traballadora

DOCUMENTACION 1º TRIMESTRE

Coñecendo a Yavoy Kusama

Durante este mes estivemos coñecendo a obra da artista e escritora Xaponesa Yavoy Kusama precursora dos movementos do arte po e o minimalismo. A maior parte da súa obra ten orixe nas alucinación que tivo cando era nena onde se lle aparecían miles de puntos que se multiplicaban dominando o seu universo.

Comezamos coa visualización dun video sobre a vida da autora así como a presentación de diferentes obras.

Partindo do elemento do círculo como figura xeométrica traballamos esta forma, fixemos clasificacións por tamaños, por cores, seracións..

A modo individual cada neno construiu libremente a súa obra, empregando círculos de diferentes cores e tamaños.

Para rematar fixemos un mural colaborativo entre todos.

Aquí tedes o resultado das obras destes pequenos artistas

 

INSTALACIÓN CAIXAS CARTÓN

Esta semana fixemos unha instalación con caixas de cartón onde éstas se convertiron en coches, tobogáns, pizarras, sombreiros, partes de robots,torres.. 

Así de ben o pasaron empregando a súa imaxinación

A NOSA HORTA

Esta semana rematámola poñendo en funcionamento a nosa horta. Comezamos ca plantación de coles e repolos.

Agora a coidalos e ver o seu crecemento.Sorriso

CREANDO CON GLOBOS

Esta semana no noso taller de arte cambiamos os pinceis tradicionais e empregamos globos inflados de diferentes tamaños. De este xeito potenciamos a imaxinación e fantasía creando libremente as súas composicións.

Aquí vos deixo un resumo da sesión

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Este luns tivemos un obradoiro de igualdade de Xénero promocionado polo Concello. Con el quérese transmitir que todos somos iguais, que non hai nin xogos e cores de nenas ou de nenas,que todos podemos facer as mesmas cousas. Valores que debemos transmitir dende pequenos.

VISITA SOLEDAD FELLOZA

O pasado xoves tivemos de vusita na nosa aula a escrirora,acriz e contadora de historias Soledad Felloza. Trouxonos un montón de contos e historias cos que disfrutamos  moito.

Aquí tedes un resume da,sesión. 

Distribuir contido


by Dr. Radut