Skip to Content

Semana do 25N

Ao longo desta semana estivemos conmemorando o Día internacional contra a violencia de xénero, e que mellor forma de facelo co noso alumnado de Educación Infantil que a través de contos, como “Maruxa” de Eva María Mejuto Rial, “Nos tratamos bien” de Lucía Serrano e/ou “O libro dos porcos” de Anthony Browne; conto que sorteou a ANPA entre os nenos e nenas de cada aula do CRA pola súa participación nun mural para o 25N “Que ninguén che corte as ás”, e que está exposto no Multiusos do Concello de Meis.

Pero ademais tamén quixemos deixar a mesma mensaxe na nosa escola a través da pegada das nosas mans, todas unidas contra a violencia de xénero, e que poderán ver nas ventás da aula de Paradela.

 Preme sobre a imaxe

 

Pouco máis podemos dicir desta xornada salvo que oxalá chegue o día onde non teñamos nada que conmemorar.

Nós seguiremos educando en igualdade día tras día. E como dixo María Montessori: "Sementade nas nenas e nenos ideas boas, aínda que non as entendan; os anos encargaranse de descifralas no seu entendemento e de facelas florecer no seu corazón”.

 



page | by Dr. Radut