Matrícula para o curso 2021-2022

Dende a Secretaría do C.R.A. de Bergondo lembramos que poden formalizar a matrícula acudindo coa cita previa asignada por correo á SEDE ADMINISTRATIVA do centro (preto da Casa do Concello).

 

Enviouse toda a información ao correo electrónico que deixaron cando fixeron a solicitude de praza.

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

• Documento de formalización de matrícula (anexo III-1). (PDF adxunto)

• Cuestionario para as familias sobre a lingua materna. (PDF adxunto)

• Informe de saúde do/a pediatra (documento orixinal)

• Tarxeta de asistencia sanitaria (documento orixinal)

• Dúas fotos tamaño carnet do/a neno/a co nome e apelidos escritos na parte de atrás.

 

 

 

No suposto de estar admitido/a e non formalizar a matrícula, entenderase que renuncia á praza escolar no C.R.A. de Bergondo.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2021-2022

Información unha vez rematado o prazo de presentación:

 

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS ESTÁN ADMITIDAS

 

Para calquer consulta ou dúbida, podedes contactarnos no seguinte enderezo : cra.bergondo@edu.xunta.es

 

 

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

 

1) Anexo II : o formulario normalizado (ED550B)

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Precísase Chave365 ou Certificado Dixital para presentalo na Sede Electrónica.

 

Tamén se poderán presentar de forma presencial na sede administrativa do CRA de Bergondo, sempre e cando sexa este o centro solicitado en primeiro lugar.

 É PRECISO CONCERTAR CITA PREVIA NO TELÉFONO 

981 79 18 96 

OU NO SEGUINTE CORREO

cra.bergondo@edu.xunta.es

Cada solicitante presentará unha única solicitude asinada polos dous proxenitores ou polos titores legais . A solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar.

2) DNI ou libro de familia, para acreditar a data de nacemento. Certificado de escolarización, en casos de traslado de centro.

 

3) DNI do pai e da nai ou dos titores legais.

 

4) Certificado de empadroamento.

 

Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e. achegarán a documentación pertinente.

 

*****TODA A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ SER ORIXINAL OU COPIA COTEXADA*****

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 1 DE MARZO ao 22 DE MARZO do 2021.

 

 

O Consello Escolar do C.R.A. de Bergondo, acordou establecer o seguinte criterio complementario de centro: 

 

Xornada de información telemática

 

Dada a situación actual, este ano queda suspendida a Xornada de Portas Abertas nas escolas do CRA de Bergondo.

 

Pincha  AQUÍ  e poderás ver o noso vídeo presentación das escolas.

 

Poderedes falar coas mestras de cada unha das escolas de xeito telemático o martes 23 de febreiro pola tarde, para darvos información e resolver as dúbidas que vos xurdan.

 

Para solicitar cita con cada unha das titoras, podedes facelo nos seguintes enderezos electrónicos:  

 

EEI de Carrio : cracarrio@gmail.com

Titora: Saleta Mendoza

Redes sociais da escola de Carrio

Blog :  http://destinosaleta.blogspot.com/

Instagram : @escoladanatura

 

EEI de Lubre : cralubre@gmail.com

Titora: Ana Bravo

Redes sociais da escola de Lubre

Blog : http://escoladelubre.blogspot.com/

 

EEI de Guísamo : cadrados21@gmail.com

Titora: Silvia Montes

Redes sociais da escola de Guísamo (aula dos cadrados)

Blog : http://auladoscadrados.blogspot.com/

 

EEI de Silvoso : crasilvoso@gmail.com

Titora: Rosa Presedo

Redes sociais da escola de Silvoso

Blog : http://escoladesilvoso.blogspot.com/

Instagram : @crasilvoso

 

EEI de Vixoi : cravixoi@gmail.com

Titora: Eva Casanova

Redes sociais da escola de Vixoi

Blog : http://escoladevixoi.blogspot.com/

Instagram : @cravixoi

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA NO CENTRO ADSCRITO (CPI CRUZ DO SAR)

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.



PROCEDEMENTO A SEGUIR.



As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.

- De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora, ou na sede do CRA (con cita previa981 791896)

ANEXO RESERVA DE PRAZA (GALEGO)

ANEXO RESERVA DE PRAZA (CASTELÁN)



- De presentarse electronicamente na aplicación admisionalumnado, debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro.

RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN admisionalumnado: Solicitudes – Reserva – Crear



      • CENTRO ACTUAL: CRA DE BERGONDO

        • CÓDIGO DE CENTRO 15032561

           

      • CENTRO DE ADSCRICIÓN: CPI CRUZ DO SAR

        • CÓDIGO DE CENTRO 15001070

         



Ámbalas dúas opcións (papel ou aplicación) son viables.



- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso (CRA DE BERGONDO)  ou na aplicación admisionalumnado.

- A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, polo que as familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2021. 

 

 

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

INFORMACIÓN NO PORTAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

Plan de adaptación ao contexto covid. Plan de continxencia. Programa de acollida.

No seguinte enlace, podedes consultar o protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 (versión 4-11-2020).

 

Outros documentos da Consellería de Educación:

 

Documentos elaborados polo centro que debe coñecer toda a comunidade educativa:

- O plan de adaptación ao contexto COVID.

- O plan de continxencia.

 

Neste enlace, podedes consultar as instruccións do 30 de xullo das que se deriva o seguinte documento de centro:

- Programa de acollida.

Benvidos ao curso 2020-2021

Estimadas familias

o profesorado do C.R.A. de Bergondo queremos darvos a benvida a este novo curso 2020/21.

Sabemos das vosas preocupacións, dúbidas e inquedanzas e por iso queremos transmitirvos que para nós o máis importante e a saúde e o benestar das vosas fillas e fillos e niso estamos traballando. Tomando como base o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19 publicado pola Consellería de Educación estamos traballando na súa adaptación á nosa realidade, con medidas específicas de tipo organizativo, pedagóxico e preventivo, para que este curso se poida desenvolver coas máximas garantías.

Nos próximos días daremos a coñecer este Plan de Adaptación xunto con outras instruccións, informacións e datas das reunións de cada unha das escolas. Nestas reunións de principios de curso, que teredes coas titoras, recibiredes a información máis detallada de cada aula e podedes plantexar dudas e inquedanzas que vos poidan xurdir.

Agradecemos que descarguedes nos vosos móbiles a App Abalar Mobil da Consellería de Educación, pola que recibiredes avisos, informacións e as cualificacións dos vosos fillos e fillas.

Agradecemos, coma sempre, a confianza que depositades en nós e pedimos a vosa colaboración unha vez máis para esta andaina.

Proceso de admisión de alumnado 2020-2021

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2020-21

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

 

1) Anexo II : o formulario normalizado (ED550B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» e descargable como adxunto nesta mensaxe.

  • As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

  • Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción.

    Cada solicitante presentará unha única solicitude asinada polos dous proxenitores ou polos titores legais . A solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar.

    2) DNI ou libro de familia, para acreditar a data de nacemento. Certificado de escolarización, en casos de traslado de centro.

    3) DNI do pai e da nai ou dos titores legais.

    4) Volante de empadroamento.

 

  • Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e. achegarán a documentación pertinente.

     

    TODA A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ SER ORIXINAL OU COPIA COTEXADA

 

 

O Consello Escolar do C.R.A. de Bergondo, acordou establecer o seguinte criterio complementario de centro: 

 

 

 

 

 

 

Matrícula

MATRÍCULA NO C.R.A. DE BERGONDO

(do 20 ao 30 de xuño)

 

 

Documentación a presentar:

 

 

  • Documento de formalización de matrícula (Anexo III-1) Enviado por correo desde o centro

     

     

  • Cuestionario para as familias sobre a lingua materna

    Enviado por correo desde o centro

     

  • Cuestionario de recollida de datos para o programa informático. Enviado por correo desde o centro 

  • Certificado médico

     

  • Tarxeta de asistencia sanitaria

     

  • Volante de empadroamento colectivo (se non se presentou previamente)

     

  • Dúas fotos do/a neno/a (tamaño carnet)

 

 

TODOS OS DOCUMENTOS DEBEN SER ORIXINAIS

 

 

No suposto de estar admitidos/as e non formalizar a matrícula no prazo establecido, entenderase que renuncia á praza escolar no C.R.A. de Bergondo.

 

 

 

 

 

 

 

 

O blogue de Convivencia

Desde a seguinte imaxe podedes acceder ao novo blogue de CONVIVENCIA do C.R.A. de Bergondo :

 

Lembrade que na barra lateral dereita tedes os enlaces a todos os blogues do centro, tanto os das ESCOLAS coma os das distintas ESPECIALIDADES

Matrícula curso 2015-2016

 INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA:

 

CURSO 2015-16

Na Orde do 12 de marzo de 2013,  pódese atopar todo o relacionado co proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato.

Resumo dalgúns dos aspectos máis destacados:

- O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

- Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro (do 1 ao 20 de marzo), pero ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

- Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.

- A dirección dos centros públicos remitirá ao centro de adscrición (o C.R.A ao C.P.I  Cruz do Sar) unha relación dos alumnos susceptibles de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.

- Antes do 1 de marzo, os centros escolares publicarán e expoñerán nos taboleiros unha relación dos postos escolares vacantes.

Os alumnos  que solicitan posto escolar por primeira vez, TEÑEN QUE CUBRIR O ANEXO II DE ADMISIÓN DE ALUMNOS (pedilo no centro no que se solicita praza). Ou descárgalo na dirección http://www.edu.xunta.es/web/node/14293

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO MESMO É DO 1 AO 20 DE MARZO.

Por coincidir o día 20  de marzo festivo, o prazo de presentación rematará o  luns día 23 de marzo na sede do CRA, á carón do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a xoves.

-ANEXO II, tedes que cubrilo axustándovos a vosas circunstancias reais (na orde da que damos o enlace podedes atopar información sobre cada un dos criterios que se poden alegar para establecer unha orde de prioridade) xa que no caso de que haxa que baremar, por haber máis solicitudes que postos, podedes perder a praza se algo do que poñedes non é verdade.

- Os alumnos que cubran a solicitude de admisión, unha vez que saian as listas de admitidos e estean nela, terán que facer a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Á hora de facer as solicitudes, é moi importante que teñades en conta estes tres puntos para non perder a praza nun centro:

1. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar . Nesa solicitude xa tedes un apartado no que, en caso de non ser admitido nese centro, vos permite poñer outros centros por orden de prioridade. Se presentades a solicitude en máis de un centro, perdedes os dereitos de prioridade.

2. Se o alumnado que tería que seguir nun centro vai presentar solicitude de admisión noutro, terá que comunicalo ao mesmo tempo ao centro no que estaba.

3. O alumnado que ten reservada praza nun centro (cubriu a folla de reserva), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión (que é do 1 ao 20 de marzo).

Para calquera dúbida ou aclaración podédesvos por en contacto connosco chamando ao número de teléfono 981791896 (número da Sede do CRA) ou ben acudindo á mesma no horario anteriormente mencionado.

 

 

BENVIDA AO CURSO 2014-2015.Reunións.

 

Benvidos ao novo curso escolar 2014-2015

Agardamos que sexa un fabuloso curso para toda a comunidade educativa á que pertencemos.

 

      As reunións que van ter lugar as escolas xa teñen data e hora.

 

 

Agardamos vervos para compartir a información e dárvola benvida en persoa.

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA: CURSO 2014-15

 

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA:

CURSO 2014-15

A través desta entrada informarmos sobre os pasos a seguir para matricular aos vosos fillos no noso centro.

Na Orde do 12 de marzo de 2013,  podedes atopar todo o relacionado co proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Resumo dalgúns dos aspectos máis destacados:

- O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

- Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro (do 1 ao 20 de marzo), pero ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

- Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.

- A dirección dos centros públicos remitirá ao centro de adscrición (o C.R.A ao C.P.I  Cruz do Sar) unha relación dos alumnos susceptibles de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.

- Antes do 1 de marzo, os centros escolares publicarán e expoñerán nos taboleiros unha relación dos postos escolares vacantes.

- Os alumnos  que solicitan posto escolar por primeira vez, TEÑEN QUE CUBRIR O ANEXO II DE ADMISIÓN DE ALUMNOS (pedilo no centro no que se solicita praza). O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO MESMO É DO 1 AO 20 DE MARZO.

Por coincidir os días  3, 4 e 5  de marzo período de vacacións do Entroido, comezará a presentación de solicitudes o día 6 na sede do CRA, á carón do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a xoves. 

- O ANEXO II, tedes que cubrilo axustándovos a vosas circunstancias reais (na orde da que damos o enlace podedes atopar información sobre cada un dos criterios que se poden alegar para establecer unha orde de prioridade) xa que no caso de que haxa que baremar, por haber máis solicitudes que postos, podedes perder a praza se algo do que poñedes non é verdade.

- Os alumnos que cubran a solicitude de admisión, unha vez que saian as listas de admitidos e estean nela, terán que facer a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Á hora de facer as solicitudes, é moi importante que teñades en conta estes tres puntos para non perder a praza nun centro:

1. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar . Nesa solicitude xa tedes un apartado no que, en caso de non ser admitido nese centro, vos permite poñer outros centros por orden de prioridade. Se presentades a solicitude en máis de un centro, perdedes os dereitos de prioridade.

2. Se o alumnado que tería que seguir nun centro vai presentar solicitude de admisión noutro, terá que comunicalo ao mesmo tempo ao centro no que estaba.

3. O alumnado que ten reservada praza nun centro (cubriu a folla de reserva), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión (que é do 1 ao 20 de marzo).

De seguido adxuntamos o LISTADO DE POSTOS ocupados e vacantes previstos no CRA de Bergondo para o curso 2014-2015.

POSTOS ESCOLARES

ESCOLA/Unidade 

Parroquias de influencia

Postos ocupados

VACANTES 

20 x 2 = 40 

CARRIO (2 unidades) 

San Salvador 

9 + 9 = 18

11+ 11 = 22

18 x 3 = 54

GUÍSAMO (3 unidades)

Guísamo, Santa Marta

14+ 12 = 26

18+ 4+ 6= 28

20

LUBRE

Lubre

7

13

20

SILVOSO

Ouces , Moruxo

9

11

20

VIXOI

Vixoi, Rois, Cortiñán

9

11

154

8 unidades

BERGONDO

69

85

Para calquera dúbida ou aclaración podédesvos por en contacto connosco chamando ao número de teléfono 981791896 (número da Sede do CRA) ou ben acudindo á mesma no horario anteriormente mencionado.

NOVAS: REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO 2013-2014

As reunións de principio de curso das diferentes escolas do CRA de Bergondo,  terán lugar coas seguintes datas e horarios:

 


 


NOVIDADES no PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2013-2014

 

A partires do día 5 e ata o 17 de Abrilcomeza o

 PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 no segundo ciclo de Educación Infantil en centros docentes

sostidos con fondos públicos, segundo a Orde de 12 de marzo

de 2013 (DOG do 15)

O documento para a SOLICITUDE DE ADMISIÓN no 

Colexio Rural Agrupado de Bergondo, do que forman parte as

Escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Silvoso e maila de Vixoi, 

recollerase na sede do mesmo, no edificio ó carón do Concello,

en  HORARIO de 9:00 ás 13:30 horas, ou se pode descargar da

 web da Consellería de Educación ( ANEXO II-Solicitude

de Admisión).

 

  Xunto coa  devandita  SOLICITUDE DE ADMISIÓN deberase

presentar a seguinte documentación xustificativa:


Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais-titores legais

e copia do Libro de Familia.

Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade

familiar.

ADMISION DE MATRÍCULA CURSO 2013-2014

 ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2013-2014

AVISO IMPORTANTE

O día 15 de xaneiro de 2013, entrou en vigor o Decreto 254/2012, do 13 decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O decreto deroga expresamente todas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan á nova regulación e, en particular, o Decreto 30/2007, do 15 de marzo, e a Orde do 17 de marzo de 2007, polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, debe aprobar a correspondente orde que, en desenvolvemento do Decreto 254/2012, determine todas as cuestións procedementais e de xestión propias do proceso de admisión de alumnado.

En consecuencia, o proceso de admisión de alumnado para o próximo curso2013-2014 iniciarase logo da aprobación da devandita norma xurídica, conforme aos prazos e o procedemento que esta determine.

 

A partires do 14 de Marzo , data de publicación no DOG da norma que rexirá o proceso de admisión do alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil nos centros sostidos con fondos públicos, publicaremos as vacantes e as datas de presentación das solicitudes.

 O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recollerase e presentarase cuberto na sede do CRA, no edificio ó carón do Concello .

 

Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación xustificativa:

  • Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais/nais/titores legais.

  • Fotocopia do Libro de Familia.

  • Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade familiar.

  • NO CASO DE NON PODER ASINAR OS 2 TITORES, pai e nai, deben adxuntar autorización do cónxuge-parella que non asinou, autorizando a escolarización no C.R.A. De Bergondo, ou sentencia de separación-convenio regulador

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2012-2013

 

AVISO IMPORTANTE

A partires do 1 de Marzo e ata o 10 de Abril comeza o proceso de admisión do alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil nos centros sostidos con fondos públicos, segundo a Orde do 17 de Marzo de 2007.

 O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recollerase e presentarase cuberto na sede do CRA, no edificio ó carón do Concello e en horario de Secretaría:

Martes e Xoves de 9 a 11 horas.


Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación xustificativa:

  • Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais/nais/titores legais, e copia do Libro de Familia.

  • Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade familiar.

  • NO CASO DE NON PODER ASINAR OS 2 TITORES, pai e nai, deben adxuntar autorización do cónxuge-parella que non asinou, autorizando a escolarización no C.R.A. De Bergondo, ou sentencia de separación-convenio regulador

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS 2011-2012

 


TAPONS PARA AITANA


Conseguido o obxectivo de Iker (Bilbao), continuamos coa campaña de recollida de tapóns de plástico que os pais de Aitana entregan a unha recicladora Navarra a través da Fundación Seur .



 


Aitana é unha nena de Tarazona (Zaragoza) que ten 10 anos e que naceu cunha cardiopatía conxénita. Padece, ademáis, outras enfermidades pulmonares e ten pasado en hospitales gran parte da súa curta vida.


A esperanza da súa curación segue en Boston onde se ten que someter a unha delicada intervención quirúrxica, que conleva un gran custo para O que os seus pais están realizando, con gran sacrificio, unha gran campaña de recaudación. A intervención do seu pulmón exquerdo supón 200.000 euros


Para que teñades máis  información sobre o caso podedes ver a información que sobre él emitíu o canal de televisión  Antena3


VER A INFORMACIÓN


Recordarvos que vale calquera tapón de plástico, tanto do deterxente da lavadora, como das botellas de auga.

Digital Factory e Fundación SEUR que están colaborando coa recollida dos tapóns e ademáis SEUR se encargará do seu transporte, de xeito gratuita.

O Concello de Tarazona ten cedida unha nave para o almacenaxe dos tapóns recibidos.


Grazas pola vosa participación.




BLOGUES

BENVIDA AOS BLOGUES DO CRA on PhotoPeach

BIBLIOTECA DÍA DO LIBRO

No apartado RECOMENDÁMOSCHE  está o listado de libros elixidos para este día do LIBRO 2011 dende a Biblioteca do CRA.

DIA DA ARBORE II. O Pazo do CASAL

Trala plantación visitamos o Pazo do Casal.

Encantounos.

DIA DA ARBORE I. 2011

O día 23 celebramos o Día da Árbore.

¡Velahí nos vedes en pleno traballo!

ADMISIÓN DO ALUMNADO

AVISO IMPORTANTE

A partires do 1 e ata o 31 de Marzo comeza o proceso de admisión do alumnoado do segundo ciclo de infantil nos centros sostidos con fondos públicos, segundo a Orde do 17 de Marzo de 2007.

 O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recolleranse na Sede do CRA, sita a carón do Concello e en horario de Secretaría:

Martes e Xoves de 9 a 11 horas.



CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz.

Ainda que nós traballamos a Paz tódolos días do ano, imos facer unha " Festa da Paz " con teatro, xogos e diversas actividades no edificio da Senra o Martes 1 de Febreiro.

Dende a Biblioteca do centro queremos facerlle unha recomendación para que podades participar con el@s desta celebración.

Podedes velas no apartado "Recomendámosche"

 

FELIZ NADAL DENDE O CRA DE BERGONDO

Preme na nosa postal para ver o felicitación completa

Lembranzas

Create your own video slideshow at animoto.com.

Distribuir contido