Escola de Vixoi

EEI de Vixoi

 

A escola de Vixoi está situada no lugar de San Fiz, parroquia de Vixoi. Foi construída na década dos 60 e consta dun edificio de dúas plantas, a aula no baixo e na primeira planta aula de xogos e psicomotricidade.

O edificio está orientado ó sur, a fachada principal ten cinco ventás amplas polas que recibe a luz directa de sol durante toda a xornada escolar e pola fachada posterior ten cinco pequenas ventás para a ventilación.

No interior do edificio atópanse o vestíbulo, dous servizos e a aula, que ten unha superficie aproximada de 40 metros cadrados.

A escola dispón dun patio de recreo con peche perimetral, de zona verde, coa sombra dun espléndido limoneiro e dous bambáns para desfrute dos nenos/as. No lateral dereito do edificio hai un patio cuberto duns 30 metros cadrados.

Teléfono : 981195451

 

Se premedes na imaxe iredes ao seu blogue, onde atoparedes máis información :

Titora : Mónica García Lago

Distribuir contido