Recomendámosche

BIBLIOTECA DÍA DO LIBRO

No apartado RECOMENDÁMOSCHE  está o listado de libros elixidos para este día do LIBRO 2011 dende a Biblioteca do CRA.

Lecturas Piratas

Estas son algunhas das lecturas que dende a Biblioteca do CRA recomendamos nestes días de festa e Entroido para nos "meter" noso papel...

 

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz.

Ainda que nós traballamos a Paz tódolos días do ano, imos facer unha " Festa da Paz " con teatro, xogos e diversas actividades no edificio da Senra o Martes 1 de Febreiro.

Dende a Biblioteca do centro queremos facerlle unha recomendación para que podades participar con el@s desta celebración.

Podedes velas no apartado "Recomendámosche"

 

Recomendacións para Nadal

Este ano en colaboración co CEIP "Cruz do Sar" adicamonos a traballar entre todos o respecto a outras culturas. Coñeceremos especialmente o Continente americano, de onde é a meirande parte do noso alumnado non nativo.

Por mor diso recomendámosvos libros con esa temática, como por exemplo:

" Fábulas del Mundo " de Editorial LIBSA ou

"La comida del Mundo" de Rachel  Fuller (Ed. SM)

entroutros. 

Distribuir contido