Escola de Carrio

EEI de Carrio

 

Situada no lugar de Carrio, na capital do Concello de Bergondo. O edificio consta de dúas unidades coas súas correspondentes vivendas na parte superior, separadas entre si por un portal e unha escaleira de acceso ós pisos cun enreixado no portal.

O primeiro andar funciona como aula de psicomotricidade, espazo de lecer os días de choiva, aula de música e para a realización da atención individual dos alumnos/as.

Na planta baixa atópanse as dúas unidades da escola de educación infantil. Cada unha ten unha superficie aproximada de 38 metros cadrados sen contar os dous servizos hixiénicos.

No recinto da entrada atópase un cuarto onde se depositan os materiais de limpeza.

A escola dispón dun patio de recreo completamente pechado, con catro bambáns e un tobogán.

O edificio está orientado ó oeste, dispón de cinco grandes ventás nesa dirección. Tamén ten cinco pequenas ventás cara o leste, que proporcionan á estancia boa iluminación durante a xornada escolar.

 

Teléfono : 981794397 

Se premedes na imaxe iredes ao seu blogue, onde atoparedes máis información :

 AULA DAS BOLBORETAS

Titora: Saleta Mendoza Torres

 

Distribuir contido