Tic´s
DIA DA ARBORE I. 2011
O día 23 celebramos o Día da Árbore.
¡Velahí nos vedes en pleno traballo!
A Paz en directo dende o CRA
Así de pacíficos fumos no día da Paz traballando todos xuntos a amizade, o compañerismo, a solidariedade a multiculturalidade...
Agora poderasnos ver en acción...
¡¡PIRATAS EN BERGONDO!!
Dende o espazo Tics do CRA tentamos aglutinar todas as experiencias do alumnado e os mestres. Neste Entroido elaboramos unha unidade de Piratas na que se incluía este poema por todos coñecido.
¡¡ Animámovos a "repasalo" cos vos@s cativ@s !!
Paz
Dende a Dinamización Tics e en colaboración coa Biblioteca, as especialidades de Música e Ed.Física, e as titoras realizouse como ven sendo habitual un material específico para a unidade da Paz en todos os formatos, especialmente o dixital.
Velahí van algunhas das imaxes do traballo obtido:
TICs Musicais do 1ºTRIMESTRE
Este é o noso cancioneiro.
Chámase O SON DO CRA.
Nel atópanse as cancións que aprendemos ao longo do trimestre.Escollimos algunhas das cancións para que @s nen@s as poidan desfrutar dende a casa.
Se premes na nota musical ou no título e tes un pouco de paciencia aparecerache a música da canción.
Contidos que traballamos na asignatura de tecnoloxía da información e da comunicación
Benvidos
á zona
TIC do CRA
@s nen@s conviven dende o seu nacemento con todo tipo de aparellos tecnolóxicos; son os chamados "nativos tecnolóxicos" . As tecnoloxías forman parte do seu desenvolvemento no mundo actual.Os contidos presentados a través das novas tecnoloxías son especialmente motivantes.
Por todo isto a escola debe educar tamén este aspecto da vida d@s alumn@s.
Contidos a traballar neste curso 2010-2011
Tendo en conta a idade dos alumnos/as presentes nas diferentes escolas que compoñen o C.R.A. de Bergondo, traballaremos a través do Encerado Dixital Interactivo presente en cada unha das aulas os seguintes contenidos:
- Os compoñentes do computador (teclado, monitor, CPU, impresora, escáner, rato,...) e, dentro destes, diferentes tipos
- Elementos de almacenaxe: CDs, DVDs, memoria USB. tarxetas de memoria de cámaras de video e dixitais,...
- As cámaras de fotos dixitais, as cámaras de video,...
- Software educativo (los lunnis, little einstein, xogos
educativos,...)
- Outros: tableta de PC, lectores de tarxetas,...
- Unidades didácticas acordes coa temática que se estea a impartir nese momento nas escolas (entroido, estacións, saídas,...)
- Búsqueda de información en internet: navegadores e páxinas educativas
Outros traballos relacionados coa nosa asignatura
- Intervención en xornadas e proxectos educativos diversos, relativos á asignatura de TICs no que se recollan as actividades que faremos entre tod@s nas escolas do C.R.A.
- Elaboración das orlas
- Mantemento e actualización, dentro das nosas posibilidades, dos equipos electrónicos do centro, sobre todo os relativos ó encerado dixital.