blogue decra_bergondo

RESERVA DE PRAZA PARA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA NO CENTRO ADSCRITO (CPI CRUZ DO SAR)

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.



PROCEDEMENTO A SEGUIR.



As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.

- De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora, ou na sede do CRA (con cita previa981 791896)

ANEXO RESERVA DE PRAZA (GALEGO)

ANEXO RESERVA DE PRAZA (CASTELÁN)



- De presentarse electronicamente na aplicación admisionalumnado, debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro.

RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN admisionalumnado: Solicitudes – Reserva – Crear



      • CENTRO ACTUAL: CRA DE BERGONDO

        • CÓDIGO DE CENTRO 15032561

           

      • CENTRO DE ADSCRICIÓN: CPI CRUZ DO SAR

        • CÓDIGO DE CENTRO 15001070

         



Ámbalas dúas opcións (papel ou aplicación) son viables.



- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso (CRA DE BERGONDO)  ou na aplicación admisionalumnado.

- A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, polo que as familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2021. 

 

 

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

INFORMACIÓN NO PORTAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

Distribuir contido