Benvidos ao curso 2020-2021

Estimadas familias

o profesorado do C.R.A. de Bergondo queremos darvos a benvida a este novo curso 2020/21.

Sabemos das vosas preocupacións, dúbidas e inquedanzas e por iso queremos transmitirvos que para nós o máis importante e a saúde e o benestar das vosas fillas e fillos e niso estamos traballando. Tomando como base o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19 publicado pola Consellería de Educación estamos traballando na súa adaptación á nosa realidade, con medidas específicas de tipo organizativo, pedagóxico e preventivo, para que este curso se poida desenvolver coas máximas garantías.

Nos próximos días daremos a coñecer este Plan de Adaptación xunto con outras instruccións, informacións e datas das reunións de cada unha das escolas. Nestas reunións de principios de curso, que teredes coas titoras, recibiredes a información máis detallada de cada aula e podedes plantexar dudas e inquedanzas que vos poidan xurdir.

Agradecemos que descarguedes nos vosos móbiles a App Abalar Mobil da Consellería de Educación, pola que recibiredes avisos, informacións e as cualificacións dos vosos fillos e fillas.

Agradecemos, coma sempre, a confianza que depositades en nós e pedimos a vosa colaboración unha vez máis para esta andaina.