Skip to Content

Visitas ao centro

Taller de hixiene bucodental

A clínica Bucoexpert impartiu un obradoiro sobre Hixiene bucodental no centro a todo o alumnado, obsequiándoos cun cepillo e pasta de dentes. 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos do obradoiro

Foto do folleto informativo Alumnado de infantil no obradoiro

 

Sensibilización sobre a discapacidade

A pasada semana, a Asociación de Persoas con discapacidades Avante (Val do Dubra) acudiu ao centro para dar unha charla sobre "Sensibilización sobre a discapacidade" ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO.

Resultou unha actividade moi interesante na que os rapaces e rapazas puideron descubrir as actividades que realiza a asociación e pensar, aínda que sexa por un momento, como é a vida dende un punto de vista diferente.

Premendo na seguinte imaxe, podedes ver as fotos da xornada:

Alumnado durante a charla

 

Visita de Antía Rey Collazo o xoves pola tarde

O XOVES 24 DE MARZO pola tarde visitaranos a exalumna ANTÍA REY COLLAZO para falarnos do seu LIBRO DE POESÍA

Portada do libro Foto de Antía

 

Charla Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros

Un curso máis, púxose a dispor do noso centro o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. O Plan, impulsado dende a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros a posibilidade de contar con charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcohol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc., impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa.

No CPI Pecalama, o pasado martes 18 de xaneiro, todo o alumnado da ESO e o de 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de participar en cadansúa sesión formativa, da man dun compoñente do corpo da Garda Civil (Óscar Rey), co fin de dotalos das ferramentas necesarias para un manexo adecuado das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (no caso do alumnado de Primaria), e de previr as adicións ás drogas e ao alcohol (no caso do de Secundaria).

Facendo clic nas imaxes accederás a velas en grande.

O Concello de Tordoia agasalla igualdade ao alumnado do CPI Pecalama

Os bolechas en Tordoia somos todos iguais

é o libro que fará entrega o Concello de Tordoia ao alumnado de Educación Infantil e Primaria este xoves 18 de novembro

Exposición de robótica e impresión 3D

O xoves 11 de novembro, o alumnado de 6º de primaria gozou dunha xornada formativa relacionada coa robótica e a impresión 3D.

 

Premede na imaxe para acceder á galería

Distribuir contido


by Dr. Radut