Skip to Content

Departamento de dinamización lingüística

Secundaria acude ao teatro La Salle

O alumnado de secundaria acudiu, o martes día 15 de marzo, á obra de teatro en inglés Dr. Jekyll and Mr Hyde en La Salle, en Santiago de Compostela

Premede na imaxe para acceder ás fotos

Aquí podedes ver un pequeno vídeo da obra

 

Visita do alumnado de 3º e 4º da ESO á USC

Visita á Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Santiago)

Alumnado da USC

O pasado 03 de marzo, o alumnado de 3º e 4º da ESO, no marco do desenvolvemento do Plan Proxecta “Rapazas Emprendedoras nas TIC”, tiveron a oportunidade de visitar a Universidade.

Acudimos ao campus de Santiago, e, alí, alumnado titor das diferentes titulacións, apoiados polo profesorado das distintas facultades, guiáronnos nunha visita máis que interesante. Os graos escollidos polo noso alumnado foron Económicas e Empresariais, Dereito, Bioloxía, Farmacia, Enxeñaría Informática, Matemáticas, Física, Psicoloxía e Ciencias da Educación. Deles puideron coñecer, de primeira man, os plans de estudos, dun xeito global, contando coa posibilidade de entrar nos propios centros de estudo, e, mesmo nalgún caso, observar o desenvolvemento de actividades académicas en primeira persoa.

Ofrecéronnos información das características xerais de cada grao, e as vías de acceso aos mesmos, ademais dalgún que outro consello e orientación para escoller con éxito as mellores alternativas académicas.

 

Fotos do alumnado de Infantil e Primaria celebrando o Entroido

Premento na seguinte imaxe, accederase á galería de fotos do alumnado de Infantil e Primaria disfrazado

 

Alumnado de 5º de Infantil construíndo un Photocall e posando co resto de alumnado

O alumnado de INFANTIL construíu o seu propio Photocall, para despois posar nel, da mesma maneira que o resto do alumnado de Infantil e Primaria.

Premede na imaxe e veredes todo o proceso e o resultado. ESTÁ XENIAL!!!

 

 

Exposición de robótica e impresión 3D

O xoves 11 de novembro, o alumnado de 6º de primaria gozou dunha xornada formativa relacionada coa robótica e a impresión 3D.

 

Premede na imaxe para acceder á galería

Distribuir contido


by Dr. Radut