Skip to Content

Pago telemático do comedor a través do Espazo Abalar

A continuación móstrase un vídeo onde se pode ver todo o proceso de pagameno telemático do comedor escolar. Desta maneira non é necesario acudir ao banco nin tampouco levar ningún xustificante ao centro, xa que se rexistra automaticamente e se pode comprobar que está cumprimentado o pagamento.

De momento, só se pode realizar a través dun navegador. É dicir, ou ben dende un ordenador ou empregando o móbil pero usando, por exemplo, Chrome, Firefox, ... NON SE PODE REALIZAR DENDE A APLICACIÓN ABALARMÓBIL.

Aqueles/as responsables que nunca fixeron o pagamento desta forma, teñen que comunicarlle ao centro (881898572 ou cpi.pecalama@edu.xunta.gal) a súa intención de comezar a empregar este método, xa que hai que habilitar esa posibilidade.

 

Se despois de ver o vídeo, seguen tendo calquera dúbida teñen unha canle de atención ás familias do Espazo Abalar no seguinte enderezo. Tamén poden enviar un correo a jorge@pecalama.org, onde trataremos de darlle solución ao problema que puidese ter xurdido.

 



page | by Dr. Radut