Skip to Content


 

MELLORES MOMENTOS DO MAGOSTO 2023

PROGRAMA CELEBRACIÓN MAGOSTO 2023

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023

Na última semana toda a Comunidade Educativa estivo a traballar a reo para despedir outubro coa súa festa grande, a celebración do Samaín.

E para relacionar esta celebración coa Liña temática deste curso "Mendelianos ao rescate", primeiro vimos a película "Wall-e" co fin de tomar conciencia dalgúns dos obxectivos que se pretenden acadar:

  • Coñecer o estado do planeta e os retos ecolóxicos aos que facer fronte.
  • Aprender a valorar a importancia de amar, respectar e coidar a natureza como patrimonio de todos.
  • Valorar e utilizar a reciclaxe como unha forma de respecto e coidado do noso planeta.
  • Desenvolver actividades de solidariedade, respecto polo medio ambiente, hábitos saudables..
  • Valorar a importancia das plantas para o desenvolvemento da vida no noso planeta.
  • Utilizar as películas como recursos motivadores para tratar os temas que interesen.
  • Desenvolver a atención

Así a decoración do centro, ademais dos elementos típicos desta festa, como son as pantasmas, morcegos e bruxas..., as familias crearon casas terroríficas con elementos de refugallo, o alumnado realizou murais e decorado de portas e corredores recreando a cidade ateigada de lixo da que os humanos do futuro tiveron que fuxir.

Para fomentar o coidado e respecto, primeiro polo noso centro, o seu entorno e isto se vexa reflectido nun ben para todos e para o planeta contamos coa visita de Anxo Moure, que lle ofreceu á rapazada do centro, por niveis, a súa sabedoría sobre os celtas e o coidado da natureza con fermosas historias dramatizadas.

Un grupo de nais acudiron ao centro para facer contadas e xogos polas aulas de Infantil e Primaria, así coma un obradoiro de maquillaxes terroríficas.

Durante o recreo o alumnado da ESO participou nun concurso Spooky organizado polas profes de Lingua Inglesa, onde demostraron as súas dotes para a dramatización de terror.

E por último contamos coa visita de seres moi terroríficos que se pasearon polo centro asustando a toda a comunidade.

A continuación unha mostra do acontecido:

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023 de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA SAMAÍN 2023

Un curso máis chega o tempo de celebrar, e toca comezar coa festa do Samaín.

Este curso contamos co colaboración de invitados moi especiais, as familias e Anxo Moure,

cos que compartiremos moitas historias de medo, terror e a saber...hai que agardar ata o vindeiro martes 31 de outubro.

De momento, o Programa para ese día de festa e ide preparando o disfrace:

NORMAS DE USO DA SALA DE XOGOS

NORMAS DE USO DA SALA DE XOGOS

(PATIO DE COLUMNAS)


As normas de uso da sala de xogos é para poder desfrutar todos e todas dun espazo común de lecer. Non cumprir as normas vai en contra dunha boa convivencia escolar e conleva sancións educativas e disciplinarias.

Podedes descargarlas aquí ou picando na imaxe.

 

GRAZAS POR FACER UN COLE MELLOR!

CONVOCATORIA REUNIÓN FAMILIAS

HORARIO OUTUBRO A MAIO

DATAS DE AVALIACIÓNS CURSO 2023-2024

OFERTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023-24

Diseño de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut