Skip to Content


 

O BO DE IMPLICAR ÓS NOSOS FILLOS NAS TAREFAS DO FOGAR

(PREMER NA FOTO PARA MÁIS INFORMACIÓN)

 

 

PROGRAMA PARA A CELEBRACIÓN DA SEMANA DA HISTORIA

PROXECTO "ME GUSTA MI RÍO"-1ª SAÍDA AO RÍO MIÑO

O pasado martes, día 12 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou a 1ª saída ao río Miño para comezar a súa aprendizaxe sobre o río, o seu entorno e o seu coidado.

A continuación unha mostra:

 

1ª saída ao río de Entre estrellas que iluminan

OBRADOIRO BIBLIOTECA CREATIVA CON PABLO OTERO

O pasado xoves, 29 de febreiro, o alumnado de 6º de E. Primaria e 4º ESO C recibiu un obradoiro de Biblioteca Creativa, a cargo do Ilustrador e Escritor, Pablo Otero, na aula de plástica do centro.

Toda unha experiencia creativa interetapas, moitas grazas Pablo Otero.

1ª FORMACIÓN DA B. CREATIVA de Entre estrellas que iluminan

CONMEMORACIÓN 8 DE MARZO 2024. EU NON QUERO...

... SER PRINCESA, SER PRÍNCIPE.

 

TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER CUN TOQUE DE HUMOR E CRÍTICA AOS ESTEREOTIPOS SOCIAIS.

POR UNHA IGUALDADE REAL PARA TOD@S!

 

ACREDITACIÓN COMPETENCIA DIXITAL 4º DA ESO

 

MODELO SOLICITUDE PARA A INSCRIPCIÓN AS PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO DE 4º DA ESO.

DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN: 15 DE MARZO DE 2024

RESOLUCIÓN 28 DE FEBREIRO DE 2024 QUE DICTAN INSTRUCCIÓN PARA A ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO.

 

DEMO PARA PRACTICAR A PROBA

 

DESCUBRINDO A ANTÁRTIDA

O pasado xoves 29 de febreiro, o alumnado de Primaria recibiu no centro a visita do Coronel Jesús Antonio Peñas e o Capitán Pablo Álvarez Balsa, oficial de comunicacións da Campaña Antártica do Exército de Terra,  que nos invitaron a participar nunha videoconferencia coa Antártida, na que o alumnado escoitou de primeira man a experiencia dos científicos que desenvolven a súa actividade nun lugar tan remoto.

Podendo ampliar información na seguinte ligazón:  

https://ejercito.defensa.gob.es/unidades/Antartica/antartica/videoconferencia/index.html

A continuación un resumo desta visita e videoconferencia no centro:

Viaxe a Ántártida de Raquel

Ademais concederon ao alumnado un Diploma acreditativo da adopción dun pingüino, chamado Mendeliano.

ACTIVIDADE EDUCACIÓN FÍSICA: CORPO E MENTE

O martes 27 de febreiro o alumnado de 6º de E. Primaria participou nunha actividade de Educación Física e Control Emocional, patrocinada polo Concello de Ourense, "Corpo e Mente"

Realizada en dúas sesións, primeiro con xogos no Ximnasio do Centro e logo na aula, con actividades para o control emocional.

 A continuación unha reportaxe:

CORPO E MENTE de Entre estrellas que iluminan

VACANTES PARA CURSO 2024-25

vacantes 2024-25 de Entre estrellas que iluminan

SAÍDA AO AUDITORIO: MUSICAL 'Trouble in the Jungle'

No mes de febreiro o alumnado do 3º ciclo de Primaria asistiu no Auditorio ao musical en inglés: Trouble in the Jungle.

A nosa Auxiliar de Conversa, Vee Escobar, realizou un resumo desta actividade:

On 5 February 2024, students from the fifth and sixth grades of CPI Plurilingüe José García García watched the English musical play 'Trouble in the Jungle' at the Principal Auditorium of Ourense.

The play follows Zonia and her animal companions as they embark on a quest to rescue their jungle home from the ambitions of the arrogant and self-centered Donald Dump, who intends to convert it into a cow farm for hamburger production.

The play was captivating and entertaining, which helped the students not only practice the English language but more importantly learn the value of caring for the environment, friendship, and kindness to one another.

Distribuir contido


by Dr. Radut