Skip to Content


 

BIBLIOTECA CREATIVA: FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

Este martes, 2 de abril, e para arrancar trimestre con novas aprendizaxes, o alumnado de 6º de E. P. e un grupo de 4º da ESO recibiu formación da man de Damián Alonso de Escolas...nas Ondas! para a creación de podcasts na nosa Radio na Biblio. 

Moitas aprendizaxes e unha gran experiencia que compartimos aquí cunha reportaxe e adxuntando o programa realizado nesta formación. A creación, imaxinación e improvisación do noso alumnado é realmente abraiante, así que aínda que un chisco longo, porque participaron todos por parellas e con temáticas diversas, merece a pena.

Ánimo rapazada e profesorado de Mende a seguir participando e creando podcasts.

E moitísimas grazas a Damián por tantas ideas e axudas, coas que agardamos mellorar moitos os nosos programas de Radio Mende.

Formación radio na biblio de Entre estrellas que iluminan

ACTIVIDADE 1º E 2º E. PRIMARIA SOBRE INCENDIOS FORESTAIS

O pasado 20 de marzo o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria da man de Inma Soto  e o seu conto Xela, a superheroína da aldea amosaron ao alumnado a importancia de coidar e valorar a natureza que nos rodea, o importante que son os bosques, todo o que agochan e todo o que podemos descubrir.

Tamén a importancia da vida na aldea, o cultivo da horta e a alimentación saudable e cociñada na casa en familia.

Todo isto axudará a que os nosos bosques se manteñan, medren e nos sigan ofrecendo toda esa maxia que Xela descobre cada día.

Unha nena de aldea e como evitar os incendios forestais de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE 2024

O pasado venres, 22 de marzo de 2024, o alumnado de Infantil e Primaria celebraron o Día da Árbore e o remate de trimestre cunha Gymkana de xogos con materiais de refugallo, co gallo de seguir acadando os obxectivos da liña temática deste curso, "Mendelianos ao rescate", para salvar o noso entorno e o planeta.

A continuación un resumo:

CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE 2024 de Entre estrellas que iluminan

FAMILIAS 4º DE E. PRIMARIA NA ESCOLA

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA: ROBÓTICA CON LEGOS PARA 3º CICLO PRIMARIA

O alumnado do 3º Ciclo de E. Primaria, o pasado martes 19 de marzo, participou en dúas sesión de formación en robótica, creando máquinas con legos a través de Robotix e a súa metodoloxía baseada nas 4 C's (connect, construct, contemplate, continue), dirixindo esta formación o seu director Manuel e a monitora Susana.

A continuación un resumo:

XORNADA FORMACIÓN de Entre estrellas que iluminan

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA GALICIA: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 

ABERTO PRAZO PARA SOLICITUDE DE BECAS MEC

Dende o 19 de marzo ata o 10 de maio o alumnado de estudos Postobrigatorios xa pode solicitar a súa beca para o vindeiro curso 2024-2025.

Na web que se indica e nos arquivos adxuntos poden atopar máis información. 

Solicitude Becas MEC de Entre estrellas que iluminan

O BO DE IMPLICAR ÓS NOSOS FILLOS NAS TAREFAS DO FOGAR

(PREMER NA FOTO PARA MÁIS INFORMACIÓN)

 

 

PROGRAMA PARA A CELEBRACIÓN DA SEMANA DA HISTORIA

Distribuir contido


by Dr. Radut