Skip to Content


 

MEDALLA DE BRONCE PARA VALERIA LÓPEZ FERNÁNDEZ EN TAEKWONDO

Medalla bronce-Valeria de Entre estrellas que iluminan

DÍA DO XERSEI DE NADAL MAIS TOLO!

XOVES 21 DE DECEMBRO DE 2023

Concurso de nadal para toda a comunidade educativa. Impotante ler as normas de participación.

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º DE e. PRIMARIA

O mércores 29 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de E. Primaria realizou un obradoiro de Primeiros Auxilios a cargo dun grupo de enfermeiras do Centro de Saúde Valle-Inclán, dentro do Proxecto da Consellería de Sanidade "Pupas, sustos e outros disgustos", e co obxectivo de empoderar ao nenos e nenas no autocoidado e capacitalos para que saiban como actuar ante unha emerxencia e situacións do día a día: feridas, febre... Ademais de conciencialos da importancia do bo uso dos servizos sanitarios.

A continuación un resumo:

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS 3º E 4º E. PRIMARIA de Entre estrellas que iluminan

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Como cada curso, ao chegar estas datas, ábrese o prazo para participar no concurso de Postais de Nadal.

Lembrade poñer nome e curso na parte posterior da tarxeta. Animádevos a participar, estaría ben que o deseño se corresponda coa Liña Temática deste curso "Mendelianos ao rescate", para salvar tanto a nosa Contorna coma o noso Planeta debemos Reciclar, Reducir, Reutilizar, Recuperar e Reparar; ademais de levar unha vida de hábitos Saudables.

A ACADAR O PREMIO!!

CHARLA E CONCIENCIACIÓN SOBRE A DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado luns, 19 de novembro o alumnado de 4º, 5º e 6º de 

E. Primaria recibiron a visita, nas respectivas aulas, do autor do libro "A nena do vestido de flores", Manuel Fontemoura, que a través das súas vivencias e xogos, tentou achegar e concienciar, un pouco máis, ao alumnado á Diversidade Funcional de cada persoa.

 

CELEBRACIÓN 25 N

25 N de Entre estrellas que iluminan

ESCOITA AOS TEUS FILLOS

PROGRAMA VIXÍA: CHARLA SOBRE HABILIDADES SOCIAIS

Dentro do Programa Vixía, coma cada curso, Félix Estévez, da Concellería de Saúde do Concello de Ourense, o pasado xoves día 23 de novembro, estivo co alumnado de 6º de E. Primaria impartindo unha charla sobre Habilidades Sociais.

 

MELLORES MOMENTOS DO MAGOSTO 2023

PROGRAMA CELEBRACIÓN MAGOSTO 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut