Skip to Content


 

CELEBRACIÓNS 2ª SEMANA DE ENTROIDO

A semana pasada arrancamos co noso Luns Peloteiro (o equivalente ao Domningo Oleiro), nesta celebración participou todo o alumnado do centro durante o tempo de lecer.

E continuamos entroidando co Xoves de Compadres, as rapazas fixeron o seu compadre, intentando salvalo correndo para que os rapaces non acadasen collelo e rompelo.

A continuación un resumo:

LUNS PELOTEIRO de Entre estrellas que iluminan

MANDADIÑOS DOS MECOS

O vindeiro luns arranca a semana grande do Entroido, e con ela chegan os Mandadiños, este curso con dous Mecos (Eva e Wall-e), que cada día nos irán mandando traer algún detalle reciclado para ir entroidando. Compartimos por aquí para que vaiades facendo.

Animádevos a participar e celebrar!!

 

Mandadiños dos mecos de Marta Rey

PORTAS ABERTAS

CELEBRACIÓNS PRIMEIRA SEMANA DE ENTROIDO

Esta semana arrancou o Entroido no centro con moita enerxía, o luns co noso "Luns Papeleiro" no canto do Domingo Fareleiro. 

E o martes visita dos "Follateiros de Lobios" grazas á invitación da súa veciña e profe no centro, Rocío; tres representantes dos Follateiros compartiron o tempo de lecer, tanto da ESO coma de Infantil e Primaria coa rapazada.

Despois ofreceron unha charla explicativa, en dúas sesións para o alumnado de Infantil e 1º Ciclo primeiro, e logo para 2º Ciclo, 3º Ciclo e Aulas Específicas, nas que lles contaron ao alumnado como recuperaron a tradición deste traxe e como era a súa elaboración.

Tamén deixaron unha máscara única e orixinal como agasallo ao Centro, que recolleu a Directora.

Grazas a este grupo por recoller, conservar e compartir tradicións. PARABÉNS!!

LUNS PAPELEIRO de Entre estrellas que iluminan

Follateiros de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA CELEBRACIÓNS XANEIRO E FEBREIRO

Propostas 2 Trimestre de Entre estrellas que iluminan

CAMPAÑA CONCELLO OURENSE

PARA MÁIS INFORMACIÓN PREMER NA IMAXE

INSTRUCIÓNS RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024-2025

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

15 DE XANEIRO ATA O 5 DE FEBREIRO

 

CONSULTA DE INSTRUCIÓNS FAMILIAS

ORDE USO DOS MÓBILES NOS CENTROS ESCOLARES_XUNTA DE GALICIA

PREMIO AO ESFORZO DE SUPERACIÓN PERSOAL CURSO 2022-2023

AUDREY NOGUERA ALONSO

 

É para o noso cole unha gran honra e satisfacción dar os parabéns a nosa querida e excepcional exalumna Audrey, por recibir o premio ao esforzo académico e persoal na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria curso 2022-2023.

Etapa que cursou neste mesmo centro e que profesorado, alumnado e persoal non docente que compartiu con ela esta estapa, síntese tamén moi afortunado e cheo de ledicia. Desexámoslle o mellor e de seguro que recibirá moitos máis premios coma este.

 

Noraboa campiona!!

FELICES FESTAS 2023-24

DENDE O CPI PLURILINGÜE JOSÉ GARCÍA GARCÍA, DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS E UN MELLOR ANINOVO 2024, CO RESUMO DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO CENTRO CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO NADAL

Felices Festas de Entre estrellas que iluminan

PHOTOCALL DE NADAL 2023 de Entre estrellas que iluminan

REPRESENTACIÓN CON TEATRO DE MONICREQUES DO CONTO "O APLAPADOR E INÉS" CREADO POLO ALUMNADO DE 4º ESO C, PARA OS COMPAÑEIROS E COMAÑEIRAS DE E. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA, XUNTO CO NOSO APALPADOR:

TEATRO DE MONICREQUES de Entre estrellas que iluminan

Entrega de Premios e Festa Fin de Ano de Entre estrellas que iluminan

ÁRBORE COLABORATIVA INTERETAPAS de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut