slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 Cabaza do Samaín

O vindeiro venres día 31 de outubro, como xa é tradición no noso colexio, celebraremos a festa do Samaín.

Haberá un concurso de cabazas, con premios para as dez mellores. As cabazas expoñeranse no salón do Centro.

Tede coidado coas encrucilladas esa noite, non sexa que vos atopedes coa Santa Compaña.

Feliz Samaín!!

COMEZO DO NOVO CURSO

O curso 2008-09 xa está aquí. Neste novo curso agardamos que se cumplan algúns obxectivos que nos parecen positivos para o mellor funcionamento do centro, e para incrementar a calidade educativa. Un deles é a actualización desta páxina web, así como utilizar a aula virtual para facilitar o traballo do alumnado. Ademáis, aquí poderanse consultar informacións relacionadas co comedor, transporte, titorías e ligas deportivas do noso colexio.

Os membros da nova directiva do centro dámosvos a benvida a este novo curso.

ROBOTOP PORTUGAL 2008

bichoOs pasados días 9, 10 e 11 de maio o profesor de Tecnoloxía, Javier
Méndez, e tres alumnos de 4º da ESO desprazáronse á localidade
portuguesa de Santo Tirso, preto de Porto, para participar no 2º
Campionato Nacional de Robótica de Portugal. Os tres alumnos, Eduardo
Seco, Carlos e Diego Freire, competiron cun robot feito con pezas de
Lego e consideran que a experiencia foi moi positiva, polo que está a
pensar en voltar o vindeiro ano.

Concurso na web Galicia Encantada

O premio non son cartos, mais a emoción está asegurada.

O sitio web Galicia Encantada propón un concurso arredor dos lugares con lenda.
Proporciona unha foto e un punto xeográfico no Google Maps.

Queda na vosa man identificar o lugar, co seu verdadeiro nome, e achegar as lendas que consigades sobre o mesmo. O que mandedes irase facendo público e entre todos completaredes un circo máxico: identificar e descubrir os lugares lendarios de Galicia.

Unha listaxe de honra dos que máis colaboren agarda polo nome dos aventureiros da internet.

 

VIAXE A LONDRES

Alumnos e alumnas do CPI Dos Dices de 2º e 3º
cursos de ESO realizarán unha viaxe de estudos a Londres entre os días 7 e 12
do mes de marzo. Esta viaxe está programada dentro dun programa de mellora do
ensino das linguas estranxeiras, no que se engloban o Plan de Anticipación do
Ensino do Inglés en Educación Infantil, as 4 Seccións Bilingües impartidas en
2º e 3º de ESO e a incorporación dunha Auxiliar de Conversación en lingua
inglesa no presente curso escolar.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer