TRABALLO DE PLASTICA E VISUAL PARA O TEMPO DE ALARMA
ORGANIZACIÓN DO TRABALLO E ENTREGAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA.
1º ESO:
1- A entrega dos traballos “Circulo Cromático de 6 cores”, “Xeometría 9” e “Xeometría 10”, se fará do seguinte xeito: Se lle fai unha foto a cada traballo (incluido a parte de atrás co nome), e se envían ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e o traballo que se está a enviar. Estes tres traballos teñen que correxirse para a nota desta avaliación.
2- O exame que se ía facer, deberán preparalo nestas dúas semanas coas fotocopias que se lles entregou e o libro dixital. Este exame non entrará nesta evaluación, pero se fará en canto se reanuden as clases.
3- Co Bloc poderase facer o mesmo que cos traballos: Se lle fai unha foto a cada traballo , e se envían adxuntos nunha mesma mensaxe ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e que se trata do BLOC. Estes exercicios son 5:
-Composición cos tipos de liñas e pintada con acuarelas
-Descripción da foto persoal.
-Rosetón de 6 circulos.
-Trenzas feitas na cuadricula
-Simetría feita na folla da cuadrícula
4- O exercicio que se ía traballar a próxima semana, o “círculo cromático de 12 cores” con témperas, traballarase na casa, seguindo as instruccións que se colgarán na canle de video do centro nos vindeiros dias.
3º ESO:
1- A entrega dos traballos, “Man realista” e “Comic” se fará do seguinte xeito: Se lle fai unha foto a cada traballo (incluido a parte de atrás co nome), e se envían ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e o traballo que se está a enviar. Estes dous traballos teñen que correxirse para a nota desta avaliación.
2- O traballo da “descripcion obxectiva do cadro” se rematará na casa, pero polo de agora non se inclue para entregar nesta avaliación. Se entregará en canto se reanuden as clases.
3- O traballo da explicación do cadro estilo “Pollock” que se fixo no taier colectivo, e que se tiña que facer en formato dixital, se algúen non o entregou, pode envialo ao mesmo correo electrónico.
4- O exame que se ía facer, deberán preparalo igual, co libro de texto que se lle prestou a cada alumno e alumna, e coas instruccións que se deron na clase. Este exame non entrará nesta evaluación, pero se fará en canto se reanuden as clases.
5- Co Bloc poderase facer o mesmo que cos traballos: Se lle fai unha foto a cada traballo , e se envían adxuntos nunha mesma mensaxe ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e que se trata do BLOC. Estes exercicios son:
PARA 3ºA:
-Debuxos de movemento
-Distorsión
-Cadaver exquisito
PARA 3º B:
-Montañas
-Debuxos de movemento
-Distorsión (SE colgará en el canal de video del colegio un video explicativo. Este traballo quedou pendente de facer neste grupo)
-Cadaver exquisito
6- O exercicio dos fogos que se comezou o último día non se fará na casa, por non ter repartido o material.
7- Para o seguinte exercicio práctico, se prepará un video explicativo durante a vindeira semana, e posiblemente estea colgado no canle de video do colexio para o luns 23.
4º ESO
1- O exercicio do logotipo se pospón o seu remate ata que se reanuden as clases.
2- O traballo de “análise de encuadres no cine” rematarano cada alumno na súa casa, no formato que desexe: ou ben fai unha grabación coa sua voz (non a imaxe) e as imaxes en movemento que seleccionou, ou ben prepara un documento escrito con imaxes (con procesador de texto ou presentacion), e se envía á dirección de correo electrónico: “suenrois@hotmail.com” . De facer un documento escrito, e recomendable que se envíe un pdf, para evitar os problemas de compatibilidade de formatos. Tamén haberá que vixiar o peso do documento, pois o email ten un límite por mensaxe-
Este traballo hai que envialo antes do martes 24 de marzo para que poda ser correxido.
3- Os traballos anteriores xa deberían estar todos entregados. Se algén no entregou algo, poderase facer unha foto de cada traballo, e enviala ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e o traballo que se está a enviar. Recordando as penalizacións existentes polos retrasos.
PARA TODO O ALUMNADO
Calquera pregunta e dúbida sobre algún traballo, pódese consultar na dirección de correo electrónico indicada, que se revisará todos os días lectivos polas mañanas.
Se recomenda estar atentos a esta paxina web, por si nunha semana hai novedades con respecto as canles de comunicación.
Tendo en conta as isntruccións dadas polo goberno, non se plantexa, en principio a posibilidade de que as familias leven os traballos ao centro.