En hora boa polo premio de Climántica!
As alumnas Martina Fuentes Morono e Ona Tobaruela Multó asistirán do 3 ao 7 de Setembro a un Campamento Xuvenil Internacional que terá lugar no CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental),situado en Valsaín (Segovia) e dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Este campamento, no que ademáis estarán acompañadas por participantes doutras nacionalidades e polo profesor coordinador do proxecto, foi o resultado de seren premiadas no Congreso Virtual Internacional "Climántica 2015". En concreto o traballo que resultou premiado titúlase "Telexornal Medioambiente" no cal facendo uso de técnicas de "stop motion" abordaron diversos problemas relacionados co medioambiente, tratando ao mesmo tempo de concienciar á cidadanía sobre distintos aspectos que afectan a conservación da natureza. A calidade dos traballos premiados foi excelente, tal e como quedou reflexado nos medios de comunicación.
Tamén queremos facer unha mención aos outros participantes, como Sabela, Ainara y Lucia, que ainda que non acadaron ningún premio nesta convocatoria, deixaron constancia da súa dedicación nos magníficos proxectos que realizaron.
- blogue de profe1
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir
- PDF version