LISTADO PROVISIONAL FONDO LIBROS PRIMARIA

Imágenes de Libros - Descarga gratuita en Freepik

EN ARQUIVO ADXUNTO ESTÁ O LISTADO PROVISIONAL DE FONDO LIBROS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA CURSO 2023-2024. PARA POSIBLES RECLAMACIÓNS TEDES ATA O VINDEIRO MÉRCORES (5 DE XULLO).

O LISTADO DA ESO NON ESTÁ DISPOÑIBLE MENTRAS NON TERMINE O PERÍODO DE MATRÍCULA. IREMOS INFORMANDO

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

LIBROS DE TEXTO – IES Gregorio Prieto

 

 

ADXUNTAMOS LISTADO LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024.

Folerpas nº 43

Folerpas nº 43

 

 [ Selecciona o enlace que che interese e despois i

  fai click no botón Iniciar sesión como invitado

 

Editorial

Equipo de biblioteca

Equipo de dinamización da Lingua Galega

Club de lectura

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación Secundaria

Equipo de actividades complementarias e extraescolares

Escola de nais e pais

Radio escolar

Pasatempos

 

 

 Esta edición foi posible grazas ás achegas de:

  • Titoras de Educación Infantil
  • Profesorado e alumnado de Educación Primaria e da ESO
  • Coordinador do Equipo de Biblioteca
  • Coordinadora do Departamento de Orientación
  • Coordinadora de Dinamización da Lingua Galega
  • Coordinadora do Equipo de Activiadades Complementaria e Extraescolares

 

Edición

  • CPI Luís Díaz Moreno

 

Corrección lingüística

  • Mercedes Fernández Méndez

 

Coordinación, deseño e maquetación

  • Raúl Hidalgo Cortijo

 

 

 

ENTREVISTA A ANTÓN CASTRO DE FUXAN OS VENTOS

O pasado xoves 25 de maio tivemos a sorte de poder entrevistar a un dos membros de Fuxan os Ventos, Antón Castro, que ademáis cantou e tocou a zanfona acompañado por as nosas profes de música, o alumno de 5º EP Brais Pintor Villares e o seu pai, Pablo Pintor ao clarinete. A entrevista correu a cargo de Lucía Carballo, Xes Pintor e Leire Arias.

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Consulten no seguinte enlace: 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

 

PRAZO PARA SOLICITAR: ata o 21 DE XUÑO (incluído)

PROCEDEMENTO: 

-TELEMÁTICO:As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

-PRESENCIAL: con CITA PREVIA que se solicitará no teléfono 982 870071

 

NON SE ATENDERÁ A NINGUNHA FAMILIA SEN CITA PREVIA.

Se teñen dúbidas, chamen por teléfono (982 870071).

DOCUMENTACIÓN: 

- Libro de familia (fotocopia), de non ter , certificado de convivencia

- certificado de discapacidade (fotocopia)

- sentenza de divorcio ( fotocopia)

- situación de violencia de xénero (fotocopia)

 

Letras galegas 2023

Entra no blog da biblioteca

para ver o que fixemos no

festival das Letras Galegas.

Fai click aquí.

 

 

 

 

 

 

 

Excursión á Serra do Courel

O alumnado de 6º de primaria e de 1º da ESO foi á Serra do Caurel para facer unha ruta de sendeirismo organizada pola área de Educación Física dentro do proxecto EDUSaúde.

 



A radio no colexio

Xa está na rede o último programa de radio do Ponte Nas Ondas. Podes acceder a el clickando neste ENLACE.

Para máis información sobre a radio no colexio, click AQUÍ.

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Esta tarde na escola de nais e pais aprendemos sobre alimentación saudable da man da Nutricionista e divulgadora Ángeles Novo.

Ao longo da charla, trasladounos a importancia de aprender a comer en familia e construír hábitos sostibles no tempo xa dende a infancia, coidando o que comemos e valorando o aporte nutricional de froitas, verduras e legumes. 

Desmontou algún dos grandes mitos e concepcións erróneas que temos sobre a idea de alimentos saudables, como por exemplo o engano dos produtos "cero, cero", "sen azucres engadidos", "desnatados" e "desgrasados" entre outros.

No canto, ensinounos como diferenciar un alimento saudable do que non o é a través do o seu etiquetado para saber realmente o que estamos a escoller.

Dentro de toda a información que podemos atopar na etiqueta, a máis importante é a lista de ingredientes. Lonxe da realidade, o importante non é a táboa nutricional de kcal, ou graxas, e debemos ter coidado á hora de deixarnos levar pola publicidade ou as estratexias comenciais.

Sen dúbida unha charla moi instrutiva coa que puidemos dar un paso máis cara a alimentación saudable en familia.

 

Moitas grazas Ángeles! Moitas grazas familias! 

VISITA DE ANTIGAS ALUMNAS E ALUMNOS AO ALUMNADO DE 4º DE ESO

Hoxe, no marco do Programa de Orientación Académico e Vocacional, Miguel e Bea -antigos alumnos do centro- visitaron ao alumnado de 4º de ESO para compartir a súa experiencia académica e profesional destes últimos anos.

De xeito natural e cercano, conversaron co noso alumnado sobre as dificultades e as oportunidades que lles agardan nas vindeiras etapas, consellos prácticos para afrontar os estudos de Bacharelato e de Grao, e a realidade actual do mundo laboral. 

Esta semana o foco de interese centrábase nos estudos superiores de Grao, e o vindeiro luns poderemos desfrutar da visita de antigos alumnos e alumnas que se formaron na Formación Profesional, e que actualmente traballan na contorna próxima ou continúan os seus estudos.

Moitas grazas Miguel e Bea por compartir o voso tempo e enerxía con nós! Sen dúbida, unha visita alentadora para o alumnado.

Powered by Drupal - Design by artinet