Día do libro

E ti para que les?

Para conmemorar "Abril, mes dos libros", estanse a realizar no centro varias actividades:

1. Sesións de animación á lectura por parte de Ana María Fernández, Xoán Babarro e Anxo Fariña. Das súas visitas xa demos conta na sección "Estiveron con nós".

2. "O cometa". Trátase de libros con ese título, relacionado co Proxecto Documental deste ano (A Astronomía),  elaborados polos distintos niveis do colexio. O texto é de Hans Christian Andersen.

3. "E ti para que les?". Actividade colectiva na que se pode ver a utilidade da lectura.

Powered by Drupal - Design by artinet