Estiveron con nós

Mario Tomás

 

O luns, día 3 de maio, dentro das actividades para celebrar o Día do Libro e Día das Letras Galegas, estivo con nós un contacontos: Mario Tomás. A actividade organizouna o ENDL e a biblioteca a través do Consorcio Editorial Galego.

Houbo dúas actuacións: unha na biblioteca para E.I. e 1º ciclio de EP, e outra en MMAA para 2º e 3º ciclo de EP.

Anxo Fariña

 

O día 21 de abril, co gallo do día do libro, tivemos unha sesión de animación á lectura co ilustrador,  e tamén escritor,  Anxo Fariña. O alumnado gozou coa súa charla e co seu bo facer como ilustrador. Ao remate,  asinounos unha das súas obras e tamén no libro de honra. Deixounos, así mesmo, a súa colaboración na actividade colectiva "E ti para que les?"

Ana María Fernández

 

 

O día 12 de abril, para celebrar o día da Literatura Infantil e Xuvenil, estivo na biblioteca a poeta Ana María Fernández acompañada polo seu marido, tamén escritor e poeta, Xoán Babarro.

Ámbolos dous participaron na actividade "E ti para que les?" organizada pola biblioteca. Ana María asinou o libro recentemente publicado "Do A ao Z con... Rosalía" e deixou constancia da súa visita asinando no Libro de Honra da biblioteca.

Dende primeira hora foron pasando pola biblioteca os tres ciclos de Educación Primaria para recibir os seus consellos sobre os libros e a lectura. Tamén respondeu as preguntas dos seus lectores e lectoras.

Powered by Drupal - Design by artinet