Celebramos os maios en Educación Infantil e en 1º e 2º da ESO. Dinamizou esta actividade Branca Villares.
Celebramos os maios en Educación Infantil e en 1º e 2º da ESO. Dinamizou esta actividade Branca Villares.
Festexamos as letras galegas regueifando, tocando e bailando, arredor da figura da autora homenaxeada neste curso, Luísa Villalta. Para dirixir esta celebración contamos coa axuda inestimable de Nuria Penas e Sara Marchena, da asociación Erre que erre. Recuncho da regueifa rabuda.
Tamén celebramos un festival que fixo as delicias das alí presentes.
|
|
Un ano máis, o alumnado de terceiro de ESO visita de xeito virtual o Teatro da Zarzuela da man de Francisco Prendes, coordinador das actividades didácticas deste teatro.
Hoxe, na aula de Tecnoloxía, tivemos a visita do alumnado de Primaria. Os alumnos de 4º da ESO amosáronlles os proxectos feitos na materia de Tecnoloxía en 1º, 2º e 4º da ESO. Moitas grazas pola visita!!!
Como actividade para o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, desde o departamento de Francés queremos recordar a todas esas mulleres que foron e aínda son, importantes nas nosas vidas: nais, avoas, mestras, científicas, artistas, escritoras, activistas, esposas, irmás, fillas… Aquelas que nos serviron de exemplo, que admiramos, que queremos, que nos mostraron a forza dentro de cada unha delas e nos axudaron a comprender o que move o mundo. Por todas as mulleres, famosas ou anónimas, que marcaron unha diferenza nas nosas vidas, queremos iniciar hoxe un mural para homenaxealas durante todo o mes de marzo.
Enlace ao MURAL
Este curso volvemos celebrar o 8M: Primaria fixo un abecedario de mulleres que deixaron pegada e a ESO participou nuns obradoiros para traballar a igualdade desde unha perspectiva musical.
Este vídeo é o resultado do traballo de todo o alumnado do centro. Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e todo o alumnado da ESO confeccionaron o mural. O alumnado de 3º a 6º de Primaria e de 2º da ESO gravou o vídeo. Por último, o vídeo foi editado por Adrián coa colaboración de Fran, ambos de 4º da ESO.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |