EDUSaúde

Excursión á Serra do Courel

O alumnado de 6º de primaria e de 1º da ESO foi á Serra do Caurel para facer unha ruta de sendeirismo organizada pola área de Educación Física dentro do proxecto EDUSaúde.

 



Roteiro

O alumnado de 4º, 5º de Primaria e 1º ESO fixo un roteiro co biólogo Marcos Reinoso pola contorna do centro para identificar plantas e coñecer os seus usos.


Obradoiro de primeiros auxilios

Estes días aprendemos como actuar nunha emerxencia grazas a María Candelaria Fraga, enfermeira de familia comunitaria, que impartiu un taller de primeiros auxilios de forma desinteresada no noso colexio. O alumnado de 5º de Primaria e 1º da ESO fixo prácticas de:

- posición lateral de seguridade,

- manobra de Heimlich,

- RCP (reanimación cardio pulmonar).

 

     

Coñecemos os fungos

Coñecemos o sorprendente mundo dos fungos da man de Julián Alonso Díaz, presidente da Sociedade Micolóxica Lucus.

Primeiro asistimos a unha conferencia.

E despois fixemos un roteiro para observar fungos na nosa contorna.


 

Powered by Drupal - Design by artinet