Actividades

TALLER DE ECOPERCUSIÓN NA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Fantástica xornada de aprendizaxe e convivencia!

Onte á tarde máis de 50 persoas puidemos desfrutar en comunidade, familas, profesorado e persoal non docente, dunha estimulante actividade de ECOPERCUSIÓN na que da man dos percusionistas Didier Díaz e Eduardo Ponce aprendemos nocións básicas sobre cómo tocar a batería, a caixa e o tambor empregando materiais de refugallo.

Mirade que ben o pasamos, e todo o que aprendemos:

Como eramos máis de 50 persoas tivemos que dividirnos en dous grupos:

 

Hoxe, o alumado de 3º de Primaria ata 4º de ESO continuará con esta actividade formativa, na que para finalizar tocarán xuntos como se fosen unha banda. 

Nesta ocasión, na escola de nais e pais, quixemos poñer en valor a importancia de pasar máis tempo en familia de xeito educativo e lúdico, lonxe das pantallas e do ocio de consumo, desfrutar de compartir e de construir redes en comunidade, de ahí que hoxe abríramos o noso pequeno círculo formativo ao resto da comunidade educativa, profesorado e persoal non docente. 

Grazas a todas e todos. Agardámosvos no seguinte encontro en xaneiro.   

ENAPA

O pasado mécores tivo lugar a primeira sesión da escola de nais e pais Barallando Xunt@s deste curso. Recibimos información e consellos moi importantes sobre a promoción do uso responsable do móbil en familia, da man de Lorena e María de Alar Galicia.

Tal e como vos prometemos na sesión déixovos aquí uns interesantes enlaces sobre ferramentas para o control parental:

Vémonos na vindeira xuntanza cara finais do mes de novembro cunha actividade en familia (pais/nais e fillas/os) da que máis adiante vos daremos detalle.

Inicio da Escola de Nais e Pais

 

O próximo mércores 18 ás 17:30h comeza a Escola de Pais e Nais deste curso cunha interesantísima charla sobre o Uso responsable dos teléfonos móbiles na rapazada que desenvolverá a asociación Alar Galicia. Abordaranse estratexias útiles para a súa xestión na familia, detección de posibles condutas aditivas e o manexo ante as mesmas.

Non volo perdades!!!

Lembrade que, un ano mais disporemos de servizo de gardería na biblioteca para as vosas fillas e fillos mentres dura a charla.

 

Mencionar tamén que o centro estableceu un convenio coa asociación Alar a través do Programa Morpheo, e que aquelas familias que detecten condutas de risco aditivo ao móbil en fillos ou fillas maiores de 12 anos, poderán solicitar intervención psicolóxica individualizada e gratuita na asociación. A solicitude poderase realizar a través da mediación do centro ou directamente na asociación Alar.

 

 

E por último, coa finalidade de axustarnos o máximo posible aos vosos intereses este curso, podedes cubrir esta breve enquisa, e seleccionar en menos dun minuto e de xeito anónimo as actividades e temáticas que vos interesa que abordemos. Faremos todo o posible por levalas a cabo.

Agardámosvos o vindeiro mércores!

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Esta tarde na escola de nais e pais aprendemos sobre alimentación saudable da man da Nutricionista e divulgadora Ángeles Novo.

Ao longo da charla, trasladounos a importancia de aprender a comer en familia e construír hábitos sostibles no tempo xa dende a infancia, coidando o que comemos e valorando o aporte nutricional de froitas, verduras e legumes. 

Desmontou algún dos grandes mitos e concepcións erróneas que temos sobre a idea de alimentos saudables, como por exemplo o engano dos produtos "cero, cero", "sen azucres engadidos", "desnatados" e "desgrasados" entre outros.

No canto, ensinounos como diferenciar un alimento saudable do que non o é a través do o seu etiquetado para saber realmente o que estamos a escoller.

Dentro de toda a información que podemos atopar na etiqueta, a máis importante é a lista de ingredientes. Lonxe da realidade, o importante non é a táboa nutricional de kcal, ou graxas, e debemos ter coidado á hora de deixarnos levar pola publicidade ou as estratexias comenciais.

Sen dúbida unha charla moi instrutiva coa que puidemos dar un paso máis cara a alimentación saudable en familia.

 

Moitas grazas Ángeles! Moitas grazas familias! 

FAMILIAS E PROFESORADO REFLEXIONAMOS SOBRE O PAPEL DA ESCOLA DA MAN DE NÉLIDA ZAITEGI

Que presente e que futuro queremos?

Como podemos axudarnos os diferentes axentes educativos implicados no desenvolvemento das nenas e nenos?

Cómo xestionamos entre todas e todos os conflictos?

Como os convertemos nunha oportunidade de aprendizaxe? 

Velaí so algunha das interesantes preguntas e refexións que se abordaron onte na Escola de pais e nais Barallando Xunt@s, e á que asistiron tamén docentes do centro. 

Unha sesión distendida e intensa na que, da man de Nélida Zaitegi, os participantes puidemos compartir pareceres sobre o futuro cara o que queremos vote andar a nosa escola, e comezamos a poñer en práctica a intelixencia colectiva, a colaboración e a corresponsabilidade na crianza e educación dos pícaros.  

 

Moitas grazas a todas por vir e compartir! E graciñas Nélida, por impulsar en nós oportunidades para a aprendizaxe!

E para quen non puidéstes asistir aquí vos queda un resume dos contidos abordados

 

Vémonos no próximo encontro! 

 

NÉLIDA ZAITEGI NA ESCOLA DE NAIS E PAIS BARALLANDO XUNT@S

O vindeiro martes 21 de marzo ás 17.30 horas teremos o privilexio de ter con nós en Barallando xunt@s, a Nélida Zaitegi, recoñecida mestra e pedagoga promotora da convivencia positiva nos centros, a coeducación e a igualdade.

A súa extensa traxectoria profesional (docencia, formación docente, dirección de centros, inspectora, Presidenta do Consello Escolar de Euscadi, autora de numeros libros sobre convivencia e avaliación, vicepresidenta da asociación CONVIVES...) a converte nun referente estatal sobre Convivencia e Educación, e ainda que actualmente está xubilada, segue a compartir con familias e docentes a inquedanza pola construcción de comunidades educativas fortes, dispostas a afrontar os retos da sociedade actual.

Falará con nós sobre a ética dos coidados e a creacion de redes de axuda familiar.

Non volo podedes perder! Vémonos! 

 

 

Descarga aquí a imaxe se non podes vela correctamente

 

Máis info sobre Nélida Zaitegi:

Vídeo "Educación para a convivencia e a resolución de conflitos". BBVA Aprendemos juntos

Traxectoria profesional e obras

 

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Toca no inferior da imaxe para parar o video e visionalo ao teu ritmo.

Escola de Nais e Pais

Para aquelas familias que non puidéstedes asistir hoxe á Escola de Nais e Pais, velaí tedes un resumo da temática de hoxe.

Lembrade que a finais de mes teremos a sorte de ter con nosco a Nélida Zaitegi, actual Presidenta do Consello Escolar de Euskadi e que nos virá a falar sobre a ética dos coidados e a creación de redes de axuda familiar.

 

Agardámosvos novamente o martes 21 de marzo!!!

 

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL NA ESCOLA DE PAIS E NAIS

O pasado xoves 24 de Novembro visitou a

Escola de Pais e Nais BarallandoXunt@s Xose, Traballador Social do Centro Quérote + de Lugo.

Unha xornada moi amena, na que ademais de lembrarnos a importancia de falar de sexualidade coas nosas fillas e fillos,

Xose incidiu no papel da afectividade na familia, e en cómo dar resposta ás súas inquedanzas.

 


 

Agardamos fose do interese de tod@s vós, e vémonos na seguinte sesión da Escola de Pais e Nais en Xaneiro, sobre os Riscos da Internet, e a cargo de Xose Ramón Peña, do Plan Director para a Convivencia dos Centros Escolares da Provincia de Lugo.  

 

ESCOLA DE PAIS E NAIS

Claves do Comportamento e da aprendizaxe

Charla realizada pola Orientadora para a Escola de Pais e Nais

Powered by Drupal - Design by artinet