Mochilas viaxeiras

Unha actividade para ler en familia

As "Mochilas viaxeiras" é unha actividade máis que o equipo de biblioteca promovemos para o fomento da lectura. Como o seu nome indica, trátase dunha mochila que contén libros, revistas, CDs, películas que o alumnado leva ás súas casas para ler en familia. A lectura compartida, comentada e valorada por todos os membros da familia é moito máis fructífera. O pai e a nai lendo predicarán co exemplo e o neno ou nena que leve a mochila verá valorado o seu traballo e que conta na súa familia. Aquí se pode acceder ao anverso do documento que acompaña todas as mochilas. No reverso vai unha relación dos documentos da mochila para o seu control polo alumnado e profesorado responsable. Tamén acompaña a cada mochila un caderniño para que quen queira da familia escriba as súas reflexións ou o que lle pareza.

Boa viaxe!

Powered by Drupal - Design by artinet