Ana María Fernández

 

 

O día 12 de abril, para celebrar o día da Literatura Infantil e Xuvenil, estivo na biblioteca a poeta Ana María Fernández acompañada polo seu marido, tamén escritor e poeta, Xoán Babarro.

Ámbolos dous participaron na actividade "E ti para que les?" organizada pola biblioteca. Ana María asinou o libro recentemente publicado "Do A ao Z con... Rosalía" e deixou constancia da súa visita asinando no Libro de Honra da biblioteca.

Dende primeira hora foron pasando pola biblioteca os tres ciclos de Educación Primaria para recibir os seus consellos sobre os libros e a lectura. Tamén respondeu as preguntas dos seus lectores e lectoras.

Powered by Drupal - Design by artinet