ADXUNTAMOS LISTADO LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024.
ADXUNTAMOS LISTADO LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024.
[ Selecciona o enlace que che interese e despois i
fai click no botón Iniciar sesión como invitado ]
Equipo de biblioteca
Equipo de dinamización da Lingua Galega
Club de lectura
Educación Infantil
Educación Primaria
Educación Secundaria
Equipo de actividades complementarias e extraescolares
Escola de nais e pais
Radio escolar
Pasatempos
Esta edición foi posible grazas ás achegas de:
Edición
Corrección lingüística
Coordinación, deseño e maquetación
O pasado xoves 25 de maio tivemos a sorte de poder entrevistar a un dos membros de Fuxan os Ventos, Antón Castro, que ademáis cantou e tocou a zanfona acompañado por as nosas profes de música, o alumno de 5º EP Brais Pintor Villares e o seu pai, Pablo Pintor ao clarinete. A entrevista correu a cargo de Lucía Carballo, Xes Pintor e Leire Arias.
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Consulten no seguinte enlace:
PRAZO PARA SOLICITAR: ata o 21 DE XUÑO (incluído)
PROCEDEMENTO:
-TELEMÁTICO:As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
-PRESENCIAL: con CITA PREVIA que se solicitará no teléfono 982 870071.
NON SE ATENDERÁ A NINGUNHA FAMILIA SEN CITA PREVIA.
Se teñen dúbidas, chamen por teléfono (982 870071).
DOCUMENTACIÓN:
- Libro de familia (fotocopia), de non ter , certificado de convivencia
- certificado de discapacidade (fotocopia)
- sentenza de divorcio ( fotocopia)
- situación de violencia de xénero (fotocopia)
Entra no blog da biblioteca para ver o que fixemos no festival das Letras Galegas. Fai click aquí.
|
|
O alumnado de 6º de primaria e de 1º da ESO foi á Serra do Caurel para facer unha ruta de sendeirismo organizada pola área de Educación Física dentro do proxecto EDUSaúde.
Esta tarde na escola de nais e pais aprendemos sobre alimentación saudable da man da Nutricionista e divulgadora Ángeles Novo.
Ao longo da charla, trasladounos a importancia de aprender a comer en familia e construír hábitos sostibles no tempo xa dende a infancia, coidando o que comemos e valorando o aporte nutricional de froitas, verduras e legumes.
Desmontou algún dos grandes mitos e concepcións erróneas que temos sobre a idea de alimentos saudables, como por exemplo o engano dos produtos "cero, cero", "sen azucres engadidos", "desnatados" e "desgrasados" entre outros.
No canto, ensinounos como diferenciar un alimento saudable do que non o é a través do o seu etiquetado para saber realmente o que estamos a escoller.
Dentro de toda a información que podemos atopar na etiqueta, a máis importante é a lista de ingredientes. Lonxe da realidade, o importante non é a táboa nutricional de kcal, ou graxas, e debemos ter coidado á hora de deixarnos levar pola publicidade ou as estratexias comenciais.
Sen dúbida unha charla moi instrutiva coa que puidemos dar un paso máis cara a alimentación saudable en familia.
Moitas grazas Ángeles! Moitas grazas familias!
Hoxe, no marco do Programa de Orientación Académico e Vocacional, Miguel e Bea -antigos alumnos do centro- visitaron ao alumnado de 4º de ESO para compartir a súa experiencia académica e profesional destes últimos anos.
De xeito natural e cercano, conversaron co noso alumnado sobre as dificultades e as oportunidades que lles agardan nas vindeiras etapas, consellos prácticos para afrontar os estudos de Bacharelato e de Grao, e a realidade actual do mundo laboral.
Esta semana o foco de interese centrábase nos estudos superiores de Grao, e o vindeiro luns poderemos desfrutar da visita de antigos alumnos e alumnas que se formaron na Formación Profesional, e que actualmente traballan na contorna próxima ou continúan os seus estudos.
Moitas grazas Miguel e Bea por compartir o voso tempo e enerxía con nós! Sen dúbida, unha visita alentadora para o alumnado.
O alumnado de 4º, 5º de Primaria e 1º ESO fixo un roteiro co biólogo Marcos Reinoso pola contorna do centro para identificar plantas e coñecer os seus usos.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |