Día da Paz (2023-24)

Este vídeo é o resultado do traballo de todo o alumnado do centro. Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e todo o alumnado da ESO confeccionaron o mural. O alumnado de 3º a 6º de Primaria e de 2º da ESO gravou o vídeo. Por último, o vídeo foi editado por Adrián coa colaboración de Fran, ambos de 4º da ESO.

ORIENTACIÓN VOCACIONAL

Aquí vos deixo a guía de BAC actualiza deste curso, e que o alumnado de 4º ESO coñeceu onte. Nas próximas semanas falaremos da Formación Profesional

 

ELABORANDO XABÓN NA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Esta semana na Escola de Nais e Pais Barallando Xunta@s, xuntámonos familias e profesoado para aprender a elaborar xabón coa axuda de Lola, a profe de tecnoloxía.

Primeiro falounos do programa do Plan Proxecta Fitofaladoiro, no que participa o alumnado do centro, e que ten por obxectivo que coñezan e recoñezan as plantas mais habituais da súa contorna, os nomes que se lles dan a nivel popular, e os seus usos. Desta forma ponse en valor o saber popular, xa que nenos e nenas irán recollendo información a través de entrevistas a familiares ou veciños.

A elaboración de xabón está moi relacionado con esta transmisión popular do saber das propiedades das plantas, de ahí o motivo desta proposta para a escola de nais e pais

 

Deseguido explicounos o proceso e as normas que deberiamos seguir para a elabaroción do xabón.

 

Unha vez coñecidos os pasos da receita e xa na aula de tecnoloxía, Lola explicounos como se fai hidrolato nunha alquitara, e as propiedades medicinais e aromáticas e que lle vai a aportar ao xabón.

As nenas e nenos asistentes encargáronse de facer o hidrolato, neste caso de romero, mentres pais e nais comezaban mans a obra a aplicarse coa receita do xabón.

 

 

  

 

 

 

 

E velaí o resultado! 

 

Entre todas e todos elaboramos estes xabóns de lavanda, nunha xornada de convivencia e aprendizaxe inesquecible!

Graciñas a todas e a todos por asistir!

Vémonos na próxima xuntanza!

 

 

DIVERSIDADE SEXUAL

O alumnado de 3º de ESO continuou traballando sobre educación sexual no marco do programa Quérote +. Desta volta, abordaron coa profesora de inglés Ángeles, a importancia da diversidade sexual, e idearon varios slogans e cartazos para a súa reivindicación.

Quérote +

O alumnado de 3º de ESO realizou este luns a segunda sesión do programa Quérote + 

Desta volta abordamos a sexualidade como un concepto integral, un continuo na vida das persoas que abarca non só o sexo biolóxico ou a erótica, senón tamén a afectividade e a identidade. 

Aprendemos xuntas a través do traballo colaborativo, primeiro en parellas e en pequenos grupos despois, partindo dun torbellino de ideas individual inicial. E para rematar visionamos unha simpática curtametraxe (The Gift) para a reflexión.

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN - 2023

Hoxe acabamos as clases marcando ben o ritmo co grupo EcoPercusión (Didier Díaz e Eduardo Ponce). Despois de ensaiar un tempo e de romper unhas cantas baquetas mirade como nos saiu:

FESTIVAL DE NADAL - 2023

Aquí tedes as fotos das actuacións do alumnado de Infantil no festival de Nadal.

TEATRO DE MONICREQUES - 2023

O alumnado de Infantil a 4º de Primaria asistiu á representación dunha obra de teatro de guiñol do grupo Trécola.

BO NADAL E BOA LECTURA! (2023)

 

Desde o colexio desexamos que pasedes un bo Nadal: velaí vai o noso VÍDEO - POSTAL.

 

E tamén vos animamos a seguir lendo durante as vacacións. Mirade os libros que recomenda o equipo da biblioteca AQUÍ.

TALLER DE ECOPERCUSIÓN NA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Fantástica xornada de aprendizaxe e convivencia!

Onte á tarde máis de 50 persoas puidemos desfrutar en comunidade, familas, profesorado e persoal non docente, dunha estimulante actividade de ECOPERCUSIÓN na que da man dos percusionistas Didier Díaz e Eduardo Ponce aprendemos nocións básicas sobre cómo tocar a batería, a caixa e o tambor empregando materiais de refugallo.

Mirade que ben o pasamos, e todo o que aprendemos:

Como eramos máis de 50 persoas tivemos que dividirnos en dous grupos:

 

Hoxe, o alumado de 3º de Primaria ata 4º de ESO continuará con esta actividade formativa, na que para finalizar tocarán xuntos como se fosen unha banda. 

Nesta ocasión, na escola de nais e pais, quixemos poñer en valor a importancia de pasar máis tempo en familia de xeito educativo e lúdico, lonxe das pantallas e do ocio de consumo, desfrutar de compartir e de construir redes en comunidade, de ahí que hoxe abríramos o noso pequeno círculo formativo ao resto da comunidade educativa, profesorado e persoal non docente. 

Grazas a todas e todos. Agardámosvos no seguinte encontro en xaneiro.   

Powered by Drupal - Design by artinet