Iguala-T

MOITO MÁIS SOBRE A AULA MAKER

Continuamos coa presentación de diferentes exemplos das actividades que fai o noso alumnado na "aula maker" durante os recreos dos xoves e venres en primaria e de martes a venres en secundaria.
Como xa comentamos, durante os recreos é un espazo de creación, estudo e xogo en liberdade, baixo o coidado dunha profesora de garda (e unha coidadora se hai presenza de alumnado que o necesite). As actividades durante o tempo de lecer non son dirixidas polo profesorado, senón que xorden espontaneamente da rapazada. Esta mesma aula é empregada polo profesorado no tempo lectivo para facer actividades co material do programa Polos Creativos, por exemplo, con actividades reguladas. Pero nos períodos de lecer predomina a liberdade creativa.
A profesora sitúa diferentes recunchos de actividades, variándoos de cando en vez para motivar o xogo; pero o alumnado é libre de coller outro material dos andeis, ou realizar outras actividades non previstas en absoluto.
É un espazo de inclusión e convivencia, onde o alumnado de diferentes cursos interactua e establece ou reforza amizades, onde se traballa a coeducación, e se abre a posibilidade de desenvolver actividades que non teñen cabida no currículo habitual e que contribúen a evitar o abandono escolar.
Aquí vai unha escolma de exemplos.

 
 
 

MULLERES QUE SON REFERENTES NOS SEUS ÁMBITOS LABORAIS

O día 7 de febreiro de 2024 o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a segunda parte do programa EDUREFERENTES. Houbo unha charla impartida por mulleres que son referentes nos seus ámbitos de traballo:

- Isabelle Gómez Rodríguez CEO de Traloagro 

- Josi Lage, actriz e docente teatral

 

IT'S OK ...

O alumnado de cuarto fixo este pequeno libro inspirado no conto It's OK to be different" de Todd Parr. 

Escoitaron na clase o orixinal, relatado pola auxiliar de conversa e tamén unha versión elaborada o curso pasado polo alumnado de quinto.

Finalmente crearon as súas propias páxinas que foron lidas por unha persoa diferente. Esperemos que vos guste.

 
 

DÍA DA NON VIOLENCIA EN EI

Este sábado celebrouse o día en contra da violencia de xénero. E nós tamén estivemos traballando nesta temática. Falamos do que é a violencia, que si está ben ou non, de como nos sentimos, do que temos que facer... e chegamos á conclusión de que a Aula de 4 anos non queremos a violenvia.

Distribuir contenido