Skip to Content

Información Secretaría

Calendario académico do curso 2023-2024

O curso académico no conservatorio profesional de música abranguerá dende o 11 de setembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024 ambos incluídos.

 Días non lectivos:

Venres  13 de outubro de 2023 , día do ensinoConsellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Xoves 7 de decembro de 2023, día non lectivo, elixido polo centro.

 Avaliacións:

 · Sesión da 1ª avaliación: venres 24 de novembro de 2023

·  Sesión da 2ª avaliación: venres 8 de marzo de 2024

·  Sesión da 3º avaliación -  GP 6º : luns 13 de maio de 2024

·  Sesión da 3º avaliación - Convocatoria ordinaria: martes 4 de xuño de 2024

·  Sesión da 3º avaliación - Convocatoria extraordinaria: xoves 20 de xuño de 2024

As cualificacións poderanas consultar na plataforma CENTROSNET o día que se celebre a sesión a partir das 20:00 horas.

  Eventos:

De xeito detallada, no menú lateral superior dereito das súas pantallas,  poderán consultar todos os EVENTOS que terán lugar  ao longo do curso académico, tales coma: exames, audicións, concertos,  etc., premendo sobre o calendario nos días marcados en negrilla. Para a súa consulta por meses, picar sobre o nome do <<mes>> a consultar do curso académico 2023-24.

 

Calendario académico

calendario 23-24

 

Taxas académicas

As taxas académicas do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Vilagarcía de Arousa figuran establecidas na Ordenanza Fiscal II.4 do Concello de Vilagarcía de Arousa. 

O pagamento das taxas do curso académico realízase por domiciliación bancaria en tres pagos que, habitualmente, o Concello de Vilagarcía pasa ao cobro nos meses de xullo, outubro e decembro de cada ano.

Existen diferentes tipos de bonificacións aplicables ao alumnado do centro. No caso dos descontos do 25 % e 60 %, é o Conservatorio quen os aplica de oficio, xa que están destinados para os supostos de dous ou máis membros da mesma unidade familiar matriculados no centro. 

Por outra banda a Ordenanza estipula a posibilidade de solicitar á bonificación do 50 % das taxas en base a criterios específicos referidos á renda das familias. 

O alumnado do Grao Profesional pode solicitar, ademáis,  as Bolsas de Estudo que, cada ano, convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional 

 Para máis información contacten co centro no enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal 

Calendario académico do curso 2023-2024

O curso académico no conservatorio profesional de música abranguerá dende o 11 de setembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024 ambos incluídos.

 Días non lectivos:

Venres  13 de outubro de 2023 , día do ensino, Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Xoves 7 de decembro de 2023, día non lectivo, elixido polo centro.

 Avaliacións:

 · Sesión da 1ª avaliación: venres 24 de novembro de 2023

·  Sesión da 2ª avaliación: venres 8 de marzo de 2024

·  Sesión da 3º avaliación -  6ºGP: luns 13 de maio de 2024

·  Sesión da 3º avaliación - Convocatoria ordinaria: martes 4 de xuño de 2024

·  Sesión da 3º avaliación - Convocatoria extraordinaria: xoves 20 de xuño de 2024

As cualificacións da primeira avaliación poderanas consultar na plataforma CENTROSNET o día que se celebre a sesión a partir das 20:00 horas.

  Eventos:

De xeito detallada, no menú lateral superior dereito das súas pantallas,  poderán consultar todos os EVENTOS que terán lugar  ao longo do curso académico, tales coma: exames, audicións, concertos,  etc., premendo sobre o calendario nos días marcados en negrilla. Para a súa consulta por meses, picar sobre o nome do <<mes>> a consultar do curso académico 2023-24.

Calendario académico

calendario 23-24 

Guía de acceso as plataformas CENTROSNET e Aula Virtual

 

Para ao acceso á plataforma CENTROSNET deberán premer no seguinte enlace:

https://www.informaticacentros.com/centrosnet/ultralogin.php?tcentro=CMU&centro=PO9

O alumnado matriculado no centro en anos anteriores mantén o mesmo usuario e contrasinal.

O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:

Na pestana de Login alumnos deberán introducir

1. Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000

2. DNI do/a alumno/a sen letra

3. Premer en ENTRAR

4. A plataforma solicitará indiquen unha contrasinal persoal e un enderezo de correo electrónico, para proceder ao acceso definitivo á plataforma CENTROSNET, na que poden consultar os horarios, expediente, cualificacións, faltas de asistencia, etc…

 APP CentrosNet

Todo o alumnado e as súas familias poden acceder á APP da plataforma de xestión académica CENTROSNET no seu móbil ou tablet na que terán un cómodo acceso aos horarios , avisos de publicación de cualificacións, faltas, etc… Para elo é necesario que previamente teñan accedido a CENTROSNET para darse de alta na plataforma desde o seu ordenador tal e como figura anteriormente sinalado.

 Para a descarga da  APP CentrosNet deberán seguir os seguintes pasos:  

  1. Descargar a APP CentrosNet  (Play Store – Apple)
  2. Unha vez descargada seleccionar o centro C.M.U. Vilagarcia de Arousa
  3. Introducir o usuario (Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000)
  4. Introducir a contrasinal: a que teñen indicado para o acceso a CENTROSNET desde o seu ordenador

AULAVirtual

A AulaVirtual é un espazo virtual de docencia e de transmisión de contidos educativos que todo o profesorado terá actualizada no espazo das respectivas materias e estará dispoñible a partir do mes de setembro.

Todo o alumnado (ou as súas familias no caso de alumnos/as que non sexan quen de facelo solos) deben acceder a AulaVirtual no seguinte enderezo

https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/

O  alumnado matriculado no centro en anos anteriores manten o mesmo usuario e contrasinal de acceso.

O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:

  •  Indicar o usuario, que é o nome de cada alumno deste xeito: nome.apelido.apelido. No caso de ter un nome composto será: nomenome.apelido.apelido
  • Remitiremos á contrasinal de acceso por correo electrónico que deben mudar tan pronto accedan.

Unha vez realizada a alta na AulaVirtual poden descargar a APP de moodle para o seu móbil do seguinte xeito:

ANDROID: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.moodle.moodlemobile&hl=es_419 

APPLE: https://apps.apple.com/es/app/moodle/id633359593

  1. Introducir o enderezo da AulaVirtualhttps://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/ 
  2. Introducir os datos que solicite a APP.

  Para calquera dúbida poden dirixirse ao correo electrónico de secretaria@cmusvilagarcia.gal  ou no teléfono do centro 986500916

 

 

Taxas académicas do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

As taxas académicas do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Vilagarcía de Arousa figuran establecidas na Ordenanza Fiscal II.4 do Concello de Vilagarcía de Arousa. 

O pagamento das taxas do curso académico realízase por domiciliación bancaria en tres pagos que, habitualmente, o Concello de Vilagarcía pasa ao cobro nos meses de xullo, outubro e decembro de cada ano.

Existen diferentes tipos de bonificacións aplicables ao alumnado do centro. No caso dos descontos do 25 % e 60 %, é o Conservatorio quen os aplica de oficio, xa que están destinados para os supostos de dous ou máis membros da mesma unidade familiar matriculados no centro. 

Por outra banda a Ordenanza estipula a posibilidade de solicitar á bonificación do 50 % das taxas en base a criterios específicos referidos á renda das familias. 

O alumnado do Grao Profesional pode solicitar, ademáis,  as Bolsas de Estudo que, cada ano, convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional 

 Para máis información contacten co centro no enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal 

Secretaria

 

A secretaría do Conservatorio Profesional de Música ten o seguinte horario de atención ao público durante o curso académico:

De luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas .

No período non lectivo de verán o horario de funcionamento é de 10:00 a 14:00 horas.

Enderezo de correo electrónico: secretaria@cmusvilagarcia.gal

Teléfono: 986500916

O Conservatorio Profesional de Música permanecerá pechado ao público o mes de agosto de 2024.

Para cuestións urxentes póñanse contacto a través do enderezo de correo electrónico:

conservatorio@vilagarcia.gal

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut