Skip to Content

Acceso curso 2024-2025

Información sobre o acceso ao centro para o curso académico 2024-2025

LISTA DE TRIBUNAIS DAS PROBAS DE ACCESO  DA CONVOCATORIA ORDINARIA PARA O CURSO 2024-2025 

Ás probas de acceso da convocatoria ordinaria ao 1º curso do Grao Elemental e ao 1º curso do Grao Profesional,  terán lugar nas seguintes datas:

Martes 4 de xuño : Acceso GP. Tribunais de Clarinete, Percusión e Guitarra

Mércores 5 de xuño : Acceso GP. Tribunais de Frauta, Trompeta e Trombón

Xoves 6 de xuño : Acceso GP. Tribunais de Trompa e Piano

Venres 7 de xuño : Acceso GE. Tribunal de acceso ao grao elemental

Xoves 20 de xuño : Acceso GP. Tribunais de Saxofón

 

- SOLICITUDE DE PRAZA PARA O ACCESO EXTRAORDINARIO CURSO 2024-2025

Prazo de solicitude: do 3 ao 14 de xuño de 2024

A matrícula nas probas de acceso para outros cursos dos graos elemental e profesional estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles nos diferentes cursos e para cada especialidade instrumental. A estes efectos os/as aspirantes deberán realizar a solicitude da praza para o curso e especialidade instrumental que desexen cursar remitindo á secretaría do centro a Instancia de solicitude que figura baixo estas liñas debidamente cumprimentada.

Unha vez rematado o prazo a dirección do centro comunicará a existencia ou non da praza solicitada. No caso de existir a mesma, a persoa interesada deberá realizar a matrícula nas probas de acceso ao curso solicitado na data que se lle indique (consultar as datas na secretaría do centro). As probas, tanto as do grao elemental coma as do grao profesional, celebraranse o 20/21 de xuño. Unha vez rematadas as mesmas procederase á matriculación daqueles solicitantes que obtivesen praza nas diferentes especialidades instrumentais no curso académico.

 

- TRASLADOS DE EXPEDIENTE

- Traslados de expediente: 

Os traslados de expediente están supeditados á existencia de prazas vacantes nas diferentes especialidades ofertadas polo centro.

Os/as interesados/as deberán realizar a solicitude de traslado de expediente entre o 4 e o 20 de xuño de 2024, remitindo á secretaría do centro o impreso de solicitude que figura baixo estas liñas debidamente cumprimentado e achegando a certificación dos estudos cursados noutro centro.

 

Nota: Unha vez rematados os prazos anteriormente sinalados, e de xeito excepcional, poderanse realizar solicitudes de acceso extraordinario ou traslados de expediente  sempre que existan prazas dispoñibles na especilidade á que se desexe optar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut